Novas experiencias

Ola a todos/as!

Costoume uns días escribir esta primeira entrada debido a que nunca tiven a oportunidade de manexar este tipo de medio. Quizais por ser algo ao que non estou afeita me resulta tan novidoso. Ao mesmo tempo, creo que o emprego deste recurso é unha maneira motivadora e autónoma que reforza positivamente o noso proceso de aprendizaxe desta materia “Experiencias de Aprendizaxe na Era Dixital”. Ademais, sérvenos como unha vía diferente para expoñer tanto as nosas aprendizaxes como os nosos pensamentos e reflexións. Por outro lado, o emprego das tecnoloxías está moi presente na nosa vida cotiá. Tamén no ámbito educativo, xa que nos últimos anos estase levando a cabo unha maior presenza das TIC nas aulas, o que supón unha integración cara á era dixital. Para isto, necesítase certa implicación dando así resposta ás demandas da sociedade actual.

Adiante!