Proxecto Final

Nestas últimas semanas de clase, estivemos traballando nos nosos proxectos finais que tiñan como idea principal, garantir e comprender o que vimos durante este cuatrimestre, facendo así unha comparativa dos coñecementos novos que adquirimos e os que tiñamos antes de comezar esta materia.

Durante as clases traballamos no proxecto que íamos levar a cabo, manifestando así os contidos do curriculum de forma diferente ao que estamos acostumados. Nun primeiro momento, apenas tiñamos algunha idea, pero urxiu a proposición de traballar as Ciencias Sociais e as Ciencias Naturais a través de unha páxina denominada GeoGuesser. Esta é moi útil para traballar calquera área do curriculum non só as ciencias.

GeoGuesser é un xogo que emprega o StreetView, polo que envía ao usuario a unha parte do mundo, na cal deberase investigar a través do movemento da pantalla para adiviñar na medida do posible, cal é a ubicación correspondente no mapa. Unha vez que deduces a través da forma das vivendas, do idioma grazas aos letreiros ou matrículas dos coches, etc deberás pinchar no mapa que aparece na pantalla, ó lugar de onde cres que é a imaxe mostrada.

¿Qué se traballa en Educación Primaria con esta páxina? Pois ben, esta páxina é moi útil para traballar calquera área. O meu grupo máis eu, ao realizar esta actividade pensamos que coa imaxe que GeoGuesser lles ofrece ao alumnado, trataría de buscar información en internet para adiviñar ou atoparse o máis cerca posible ao lugar que é realmente.  A través de esto, de forma indirecta os nenos/as estarán adquirindo novos coñecementos mediante o xogo e ó emprego das tecnoloxías, favorecendo así o logro de unha competencia dixital.

Dende o noso punto de vista, este programa ten un inconveniente aínda que é moi sinxelo de solventar. GeoGuesser conta con publicidade ao alcance dos nenos/as, pero isto poderíase arranxar ou ben instalando o Adblock ou ben traballando co alumnado o tema da publicidade. Polo tanto, o problema estaría reparado e poderíase empregar sen ningún problema.

Na clase de esta semana, explicamos con máis demora en que consistía esta páxina. Despois de expoñer o noso traballo, espero que vos gustase a idea e que lle servise a alguén na súa futura profesión, para explicar de formas moi diversas e máis amenas os contidos propostos polo curriculum.

 

Comentarios

  • Sandra Núñez Gómez

    Efectivamente Jenny, paréceme unha boa proposta para traballar dunha forma máis entretida os contidos do currículum, traballando ademais a Competencia Dixital.

    Persoalmente, non coñecía este recurso, pero considero que pode servirnos de utilidade na nosa futura profesión. Tamén é interesante o feito de que valorastes o inconvinte que pode presentar este programa propoñendo, ademais, posibles solucións.

    Noraboa polo traballo!

  • MARIA MATO

    Quen ía dicir que xa estamos a final de cuatrimestre! O tempo pasa voando. E sobre todo voltar atrás a Setembro, ou a Xuño onde escollíamos esta materia sen saber cómo seria, ou se sería unha prolongación da que tiveramos no 1º curso.

    Gustaríame destacar que fixestes unha proposta moi interesante xa que todos coñecemos google maps, pero unha aplicación como GeoGuesser non, e menos a cantidade de cousas que se pode traballar con elas. Foi moi satisfactorio ver como todos nos rompíamos a cabeza na procura dunha boa proposta de traballo e que ademais fora de innovación. Por iso que vos conseguístedelo e de sobra! Pola miña parte, felicitacións polo traballo a tí e ao teu grupo.

    Noraboa e Felices Festas!