Recordando....

Neste luns comezamos unha nova clase, a cal recibe o nome de Tecnoloxía Educativa, a cal foi interactiva e bastante corta dende o meu punto de vista. Isto é debido a que cando se esta entretida ou entretido nunha clase e a estas disfrutando porque resulta algo novo para ti, o tempo voa. Por isto, neste primeiro blog comentarei o que se realizou na clase expositiva e nesta interactiva. 

Como o propio título indica, a clase interactiva de hoxe, foi de recordar sobre a actividade ou o xogo no que estivemos involucrados todos os do grupo de 3º de Pedagoxía. Nese xogo tíñanse que formar 10 grupos entre 5 e 6 persoas, os cales non se lograron acadar. Sen embargo os grupos que nese momento se formaron seguiron as normas que o papel, que estaba na porta ou no encerado, definía.

Persoalmente, podo dicir que nese momento foi unha sensación rara, xa que estou acostumbrada a chegar a unha clase, sentarme e a continuacuón escoitar durante o tempo que dure a sesión ao profesor ou profesora. Sen embargo pouco a pouco encontrábame máis agusto e incluso cómoda co xogo que se realizou, xa que as probas eran bastante innovadoras e algunhas déronos bastante traballo. Un punto positivo disto e que puiden ver que non todas as clases deben ser iguais, senón que cada profesor busca resultados ou acadar os seus obxectivos de diferente forma.

Como punto negativo, só podo dicir que como un grupo non soubemos organizarnos, nin tomar unha iniciativa cando se fixeron os grupos, nin comunicarnos adecuadamente,... o que demostra que nos queda moito por aprender e traballar.

Hoxe, na clase interactiva, falouse precisamente deses puntos negativos que acabo de nomear, así como as probas que máis gustaron e as que menos. Non sabería decir con precisión a proba que menos me gustou, pero si podo decir con certeza que unha coas que máis me divertín foi coa do vídeo, xa que tivemos que grabar varias veces, o que resultou bastante divertido.

 Ademáis disto, falamos dun conto o "elefante encadenado", o cal demostrou que o estar acostumbrados a unha rutina ou incluso ao que nos acostumbran dende pequenos, é moi difícil pero non imposible poder cambiar algunha das rutinas do día a día. O que me fai pensar que nestes anos de estudo nos diferentes colexios e institutos nos que estiven, en realidade seguíase a mesma rutina de sempre, chegar a clase sentarse e a escoitar. Isto provoca un aburrimento, e o que porbablemente fai que moito do abandono escolar sexa por non ter unhas adecuadas ou innovadoras técnicas de estudo ou aprendizaxe entre os alumnos/as e profesores/as. 

E por último, despois de falar do conto, durante unos minutos, comezamos a explorar ésta rede social coa cal espero poder disfrutar comentando e publicando diversos artículos!!!!