Primeiro Contacto

O martes da semana pasada deu comezo a primeira sesión expositiva de Tecnoloxía Educativa, por motivos de saúde eu non puiden acudir a dita clase, pero tódolos e tódalas miñas compañeiras me describiron a sesión como unha actividade diferente a todo aquelo que levamos feito na carreira. Unha ginkana que tiña como base as TICs e que conlevaba a realización de diferentes probas e búsqueda de elementos seguindo as pautas que iba dando  unha aplicación que tiveron que instalar.

Como a clase expositiva e despois que a Interactiva o noso grupo non tivo clase interactiva a semana pasada, o que nos levou a comezar hoxe ca materia. Realizamos unha presentación dos e das compoñentes do grupo diferente ás que estamos acostumados, xa que cada compañeiro e compañeira presentou a algún outro ou outra e tiñan que facer unha breve descipción del ou dela. Dita descrición aínda arrebatou algún sorriso por escoitar o que os outros pensan de ti

Posteriormnte vimos o vídeo do Elefante Encadenado, unha fonda reflexión sobre as nosas posibilidades e dos impedimentos que as nosas crenzas poden impoñer nos nosos feitos. Con referencia á tecnoloxía é importante analizar como se foi convertendo nunha parte esencial da nosa vida e como pensamos que sería a nosa vida, de volta, sin Tecnoloxía.

Para finalizar penso que esta materia pode ser un gran atraente na nosa vida académica, é esencial a relación da pedagoxía e das TIC's e como saber manexar este contacto para que dar os mellores frutos posibles.