PLE

 Na sesión interactiva do día 21/02/17 tratamos o termo PLE (Personal Learning Enviroment), como nos indica (Adell e Castañeda, 2013) é un conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender.

É un termo que sempre existiu, as persoas sempre empregaron ferramentas para xestionar o seu propio aprendizaxe pero, á diferenza é que hoxe en día, na súa maioría realízase a través da rede.

Cada persoa ten o seu propio PLE, é didir, o seu propio entorno persoal de aprendizaxe, que nos serve para a xestión do coñecemento. Este, está formado por tres ámbitos diferentes que son:

 As fontes de información, o filtro de información ou de contidos e a produción de información que, á súa vez, están moi relacionados con tres procesos cognitivos básicos, como son ler, reflexionar e compartir.

O autor do blog, Balhisay, danos a coñecer o seu PLE que está composto por seguinte:

Para as fontes de información emprega ferramentas como Scoop.it, alertas de google, twitter e as canles RSS que soe ler dende Feedly, Flipoard, Zite e Pulse.

Para filtrar os contidos emprega a Papeleira, Delicious, Instapaper e Pocket

Por último, para compartir e producir emprega o seu blog persoal,  Flickr e Youtube.

Finalmente, podo dicir que esa clase me foi de gran utilidade, pois o meu PLE é bastante pobre e escueto, como poderedes ver a continuación, sobre todo no ámbito da selección ou filtro de contidos e, grazas a información que se nos presentou podo melloralo, permitíndome axilizar a selección da información que preciso, mellorando á súa vez a miña curación de contidos.

Aquí vos deixo un pdf do meu PLE. 

PLE