Aumentando o meu PLE

Na última sesión interactiva de febreiro, estivemos observando no seguinte enlace as diferentes aplicacións que utiliza Balhisay. http://e-aprendizaje.es/2015/03/09/gestionando-el-caos-a-traves-de-mi-ple/

Como considero que o meu PLE non é suficiente deime de alta nas seguintes aplicacións:

- Scoop.it: é unh plataforma no que se pode mostrar e compartir contidos, xa sexan propios ou doutros sitios Web, hai que destacar que é gratuíto e que axuda a promocionar diferentes páxinas Web nas redes sociales.

- Feedly: é un medio de difusión que se utiliza para suministrar información actualizada. O que permite acceder a todos os contidos actualizados na Web a que un esteña suscrito, sen necesidade de consultar todos os días a páxina.

- Hootsuite: é parecida a feedly, pero ésta permite xestionar diferentes redes sociais como Facebook, Twitter, youtube,...

- Flickr: é un sitio Web que permite almacenar, ordear, buscar, vender e compartir fotos e vídeos a través de internet.

Para comezar a aumentar as miñas referencias sobre as diferentes aplicacións que existen elexin esas, xa que considero que son as máis fáciles para poder manexar pouco a pouco. Espero darlles moito uso e informarvos de como me foi con elas!!!