Sexismo e violencia na televisión.

A televisión, como medio de comunicación social é un elemento fundamental para o desenvolvemento da formación e a cultura dos cidadáns. Introduce a vida pública nas casas da xente en forma de imaxes ofrecendo patróns de comportamento que os nen@s e os adultos adoptan co tempo. 

En canto ao consumo de televisión, por parte dos españois, destacase moito nos nen@s e n@s adolescentes. En canto aos días da semana, cada nen@ dedicalle unha media de 2 ou 3 horas diarias, mentres que o fin de semana pode aumentar ata 7 horas diarias. Cando o recomendable por un estudo da sociedade europea de Biosocología eran 50 minutos diarios. Hai nenos e nenas que a determinadas idades, ven mais tempo a televisión xeneralista para os adultos que a propiamente infantil. Pódese dicir que, os nenos españois teñen a televisión incorporada como o elemento de ocio e distracción máis importante, a gran distancia da lectura ou de escoitar a radio. Todo isto, impide conversacións, xogos, festividades e incluso discusións a través das cales se produce unha boa parte de aprendizaxe nos nen@s e na formación do seu carácter. 

Na televisión atopamos un alto índice de violencia, que intervén como factor importante na determinación das condutas masculinas violentas debido a excitación xeneralizada que produce e a tendencia a imitación deste tipo de escenas. Isto pode facilitar unha conducta agresiva e antisocial. A tasa de agresividade dos nen@s incrementase a medida que se eleva a cantidade de programas e filmes violentos contemplados durante a etapa infanto- xuvenil da vida. Uns dos debuxos animados nos que se pode percibir moita violencia é: "Padre de familia". A continuación, vou a presentar un vídeo que atopei sobre a parte dun pequeno capítulo destes debuxos: 

.

Ademais da violencia, tamén quero destacar outro aspecto que esta presente nos debuxos animados, que é tema do sexismo. A maioría dos medios de comunicación ofrecen unha imaxe deformada da sexualidade. Tras unha análise de Del Moral sobre os personaxes femininos e masculinos dos debuxos animados, sabemos que o papel da muller ou nena queda bastante reducido e preséntanse modelos estereotipados. A proporción de homes e mulleres e moi descompesada, falamos en termos porcentuais, dun 80% de homes e un 20%de mulleres. Os homes soen desenvolver papeis profesionais baseados no poder, talento, racionalidade, estabilidade... mentres que as mulleres desempeñan papel de amas de casa, enfermeiras, secretarias, presentadoras, criadas, modelos... que se basea en diferentes rasgos destacables: atractivo, sociabilidade, tenrura, pasividade... Os papeis protagonistas case sempre corresponden a homes, que soen cumprir unhas características determinadas: valente, hábil, intelixente, crítico, que nunca chora, sendo a forza física a súa principal cualidade. Os papeis secundarios son para as mulleres, que se meten con frecuencia en dificultades, polo que necesitan a axuda dos homes para saír delas. A beleza e a principal cualidade que se resalta nas protagonistas femininas, destacando a sedución e a atracción sexual. Nos debuxos animados séguense asignando papeis en función do sexo, como por exemplo para eles, médicos ou policías, e para elas secretarias e mestras. Os contidos sexistas, de asignación de papeis en función do sexo, son habituais. Chama atención que son sempre os nenos quen anuncian video-xogos ou ordenadores e as nenas xogos de cociñas, bonecas... Cabe destacar que nos debuxos non se abordan temas como o racismo ou a xenofobia, a discriminación en múltiples variantes, a igualdade de dereitos, a solidaridade, o respecto as diferenzas, a tolerancia...

Os resultados obtidos dun análise realizado por Gerbner din que oito de cada dez programas conteñen violencia, nos cales seis de cada dez persoaxes están implicados nela. Canta máis violencia se trata, máis posibilidades hai de que esta se aprenda. Os nenos e nenas aprender rapidamente que a violencia é a solución aceptable para resolver problemas e incluso complexos, en especial si o agresor e o heroe. 

Moitos autores afirman que os debuxos animados non diminúen a importancia de ser muller para as nenas, senón que aumenta a de ser homes para os nenos. 

En datos porcentuais, cabe destacar que un 31% de nen@s españois sempre ven solos a televisión e un 35% vena con seus pais en contadas ocasións. Ademais, as horas de maior audiencia do público infantil soen estar entre as nove e as once da noite. Como xa dicen anteriormente, non solo ven programas infantís. 

A televisión debería axudar aos nenos e nenas a tomar unha aptitude crítica frente a sociedade, a proporcionar oportunidades para o aprendizaxe, desenvolver novos linguaxes e  a potenciar novas maneiras de relación social. 

Tras a lectura deste artigo: http://www.elsevier.es/es-revista-atencion-primaria-27-articulo-violencia-sexismo-los-dibujos-animados-14232 , que me axuda a fundamentar o meu comentario, busquei algúns exemplos de debuxos animados, que se transmiten en España. Xa que mellor que as palabras, son os feitos para fundamentalo: 

 , 

Referencias utilizadas:

.

http://www.elsevier.es/es-revista-atencion-primaria-27-articulo-violencia-sexismo-los-dibujos-animados-14232 

 

-