• Blogs
  • Noelia Casal
  • Os beneficios do uso de simuladores na formación e profesionalización

Os beneficios do uso de simuladores na formación e profesionalización

Unha das profesionais da pedagoxía que acudiu a clase a contarnos a súa experiencia laboral post-universitaria falou do seu traballo e mencionou, en relación ao uso das tecnoloxías nel, os simuladores. Xa naquel intre me chamou a atención pero a día de hoxe decidín profundizar máis nesta ferramenta didáctica que coido que tanto axuda á parte práctica da formación de moitos futuros profesionais.

A Real Academia Galega define SIMULADOR como: "dispositivo ou aparello que simula un fenómeno ou permite reproducir as condicións de funcionamento dun vehículo, máquina, sistema etc". Tendo en conta isto, os simuladores son ferramentas a través das cales se persegue representar parte da realidade permitindo que os usuarios e as usuarias poidan explorala e interactuar con ela, o que lles proporcionará a xeración de novos aprendizaxes.

Cabe dicir que existen diferentes tipos de simuladores dixitais, os seguintes son os máis utilizados na educación (Ángel, M. B., Franco, A. e Osorio, P.A., 2012):

  • ​Follas de cálculo interactivas: centradas maioritariamente en asuntos propios do sistema de negocios e contabilidade
  • Modelos baseados no xogo: aprendizaxe mediante xogos, por exemplo para a mellora da memoria, da atención etc
  • Laboratorios e produtos virtuais: céntranse na representación do funcionamento de ferramentas concretas ao mesmo tempo que permiten situar ao usuario ou á usuaria nunha realidade contextual profesional de difícil acceso na realidade

​Como se pode observar, existen variedade de métodos. Reflexionando acerca do uso que eu lle puiden dar ao longo da miña vida académica teño que dicir que si que recordo haber utilizado xogos, pero sobre todo, xa na Educación Secundaria, utlizabamos un simulador na materia de Química. Este permitía envolverte nun contexto dun laboratorio profesional e nel tiñas que ir facendo diferentes experimentos a partir de diferentes mesturas ata conseguir os compostos que se establecían. Realmente creo que as posibilidades prácticas que ofrecen este tipo de ferramentas son innumerables e óptimas considerándoas como estratexias didácticas que permiten e favorecen o desenvolvemento de competencias e habilidades na aprendizaxe.

Os simuladores permiten deseñar situacións coidadosamente creadas que nos levan a situarnos o máis preto das situacións reais posibles. Isto, encamiñado á formación de profesionais permite moitos beneficios como pode ser a diminución da marxe de erro posteriormente na súa aplicación real debido a ter realizado prácticas previamente. Tomando como base tamén a formación técnica, como podería ser a que recibe un ou unha futura electricista, axudan na motivación dos mesmos que, con asiduidade reclaman máis formación práctica e, de existir xa esta, máis continuada no tempo.

Este tipo de ferramenta educativa vai a prol dunha aprendizaxe significativa xa que pode chegar a ter un impacto siginificativo na formación de certos perfiles profesionais. Nestas, existe un gran peso do compoñente visual pero, ademais, este atópase moitas veces complementado por experiencias auditivas, táctiles, de movemento ou incluso olfativas. Por isto, considero que calquer programa de ensinanza se vería especialmente beneficiado polo uso deste tipo de tecnoloxías.

Utilizastes vós estas ferramentas na vosa vida académica? Que pensades delas?

 


Ángel, M. B., Franco, A. e Osorio, P.A. (2012). O uso de simuladores educativos para o desenvolvemento de competencias na formación universitaria de pregrao. Revista Q, 7 (13), 1-23. Recuperado de: http://docplayer.es/2715328-El-uso-de-simuladores-educativos-para-el-desarrollo-de-competencias-en-la-formacion-universitaria-de-pregrado.html

Real Academia Galega (2017). Dicionario da Real Academia Galega​. Recuperado de: http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/simulador