Comezamos co Proxecto

Todo os coñecementos tratados e adquiridos nestas semanas de clase tivemolas que reflictir nun proxecto final para levar a cabo nas aulas de Educación Primaria, deixando así a un lado a parte teórica e comezando a deseñar a práctica. 

Este proxecto require ser altamente competencial, vinculado co uso da tecnoloxía, e ten que presentarselle ao alumnado unha situación da realidade a cal teñen que dar resposta e solución.

Nun primeiro momento pensaba que o máis difícil ía ser atopar o tema de traballo, pero unha vez que nos dividimos en grupos, entre os catro membros acordamos de forma moi rápida o núcleo do noso traballo. Tiñamos claro que queríamos partir das áreas curriculares de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza, e despois vinculalo con outras materias para facer así un proxecto interdisciplinar.

Para facelo máis real, dicidimos centrarnos no contexto de Santiago de Compostela. A partir de aí, comezamos a buscar centros de Educación Primaria que hai na cidade e indagar sobre os recursos próximos a cada un deles. Ao final, nos decantamos polo CEIP Apóstolo Santiago pola súa cercanía ao monte da Almáciga. Desta forma, estamos tratando un contexto concreto, real e natural.

Despois, creamos un documento en Google Drive e o compartimos entre os membros do grupo para así poder traballar de forma sincronizada e avanzar no deseño do proxecto. A estructura deste documento está formada polos seguintes apartados: introdución, contexto curricular, obxectivos, actividades e avaliación.