Comezamos...

Comezamos... e facémolo con catro grandes cuestións que dan moito que pensar. Estes catro grandes interrogantes son: "La tecnología deshumaniza"; "La tecnología no aporta nada a la Educación"; "Los pedagogos deben introducir tecnología en su práctica" e "La tecnología genera innovación". Eu, persoalmente, estiven de acordo con esta última cuestión, pero despois dunha gran reflexión e tras visualizar o conto de Jorge Bucay, "El elefenante encadenado", deime de conta de que a tecnoloxía non sempre xenera innovación, ao contrario, pode encadearte e facer que empregues sempre a mesma tecnoloxía, unha e outra vez, sen aportarte nada, simplemente encadeada a ela porque así e máis sinxelo. Debido a isto, tomei a decisión de que a frase que máis se adapta ao que eu penso é "Los pedagogos deben introducir tecnología en su práctica" e deben facelo conscientes do que isto significa. Debemos ser conscientes de que a tecnoloxía é unha gran axuda no ámbito educativo, así como en moitos otros, pero tamén debemos ter en consideración de que se debe empregar con coidado, sendo prudentes, e non tomar un uso excesivo dela, debemos coñecer os seus beneficios e os seus inconvintes para empregala con maior seguridade. 

En conclusión, temos que controlar nós á tecnoloxía e non ela a nós. Temos que coñecela e saber manexala, aínda que non nos resulte doado, pois a tecnoloxía pode ser de moita axuda, pero tamén unha cadea, polo que hai que darlle un uso axeitado. É dicir, temos que ser competentes, competentes dixitalmente. 

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Noelia! Estoy totalmente de acuerdo contigo en todo lo que has dicho. Con respecto al cuento de "El Elefante encadenado", considero que es un cuento que permite múltiples reflexiones, no sólo desde la perspectiva personal, sino también desde el punto de vista educativo y tecnológico, puesto que a través del cuento, además de reflexionar, como bien has dicho, sobre cómo en muchas ocasiones nos anclamos a una misma tecnología, puesto que nos persigue ese pensamiento pesimista y esa resignación que nos impide explorar otras tecnologías. Pero también nos permite reflexionar sobre cómo muchas veces, denegamos de la tecnología en general, o de una tecnología concreta por considerarla dificil de entender, cuando a lo mejor, apenas lo hemos intentado, dejando de lado las posibilidades que la tecnología nos ofrece, cerrando puertas al aprendizaje, conocimiento, a la comunicación, innovación...

    Tal y como estableces, "Los pedagogos deben introducir tecnología en su práctica" puesto que debemos tener en cuenta la tecnología, enseñando a utilizarla de forma adecuada, mostrando los beneficios que esta trae consigo, puesto que la tecnología funciona como ventana al conocimiento, aunque, para ello debe ser utilizada de forma adecuada, y considero que en ese punto se encuentra la función de la educación.

     

  • Noelia Suárez

    Boas Ángela González, perdoa por tardar tanto en contestar.

    Estiven reflexionando sobre o que dixeches de que debemos ensinar a empregar a tecnoloxía, pero... ¿realmente cres que nos atopamos preparadas para facelo? Creo que primeiro debemos formarnos nós e logo formar aos demais, pero aínda así considerei esa idea moi interesante porque apenas a tiven en consideración ata o de agora. Sempre falei de que debemos ser competentes dixitalmente, debemos saber empregar as ferramentas, curar contidos, entre outras cousas, pero nunca me parei en pensar en axudar aos demais a que sexan competentes neste ámbito. Sen embargo, considero que é unha idea moi boa, pois como pedagogas que somos esa sería unha das nosas funcións, formar aos demais.

    Por outra banda, tamén opino que incluso entre nós podemos axudarnos a comprender mellor a tecnoloxía, sen medos, sen trabas, sen máis escusas. Creo que debemos dar o paso de formarnos e logo axudar a formar aos demais e ¿que é máis doado de facelo que en cooperación?

    Espero que esteas de acordo con isto, e moitas grazas por facerme reflexionar sobre este tema tan interesante. Un saúdo!