Competencia dixital

Chegado o momento de adentrarnos na materia, comezamos por falar da competencia dixital. Primeiro estableceuse un debate a cerca da diferenza entre competencia e destreza. Podemos considerar o pirmeiro termo como a capacidade para desenvolver ou executar algo. Ao falar de destreza facemos referencia á eficiencia para executar unha tarefa.

Así pois, presentóusenos a definición de "competencia dixital": “Un conjunto de conocimientos, habilidades, actitudes, estrategias y valores que son puestos en acción cuando usamos las tecnologías y los medios digitales para realizar tareas, resolver problemas, comunicarse, tratar información, colaborar, crear y compartir contenidos y crear conocimiento, de forma efectiva, eficiente, apropiada, crítica, creativa, autónoma, flexible, ética y reflexiva para el trabajo, el ocio, la participación, el aprendizaje, la socialización, el consumo y el empoderamiento” (Ferrari, 2012: 30). Logo, para profundizar na materia, dividímonos en grupos e traballamos sobre un texto no cal analizamos as palabras clave. A continuación, dependendo da dimensión que tivésemos adxudicada, debíamos identificar os gazapos na definición da mesma. As dimensións son: área de información, área de comunicación, área de seguridade, área de resolución de problemas e área de creación de contido, sendo esta última a dimensión sobre a que traballou o meu grupo. A partir de cada unha delas, tiñamos que producir unha imaxe que a representase, para que outro grupo fose quen de recoñecer de cal se trataba. O traballo en equipo fixo posible que finalizásemos satisfactoriamente a tarefa, xa que todos contribuímos con diversas aportacións.

Unha vez rematada a actividade, continuamos coa explicación da competencia dixital. Explicóusenos o significado de DIGCOMP, que é unha referencia común no marco da cidadanía no ámbito europeo. Abarca pois as áreas que mencionei previamente sobre as que traballamos na actividade inicial. Para ser críticos  con DIGCOMP, analizamos as súas ausencias: alfabetización medática, dimensión instrumental/habilidades operativas, dimensión crítica e cidadanía dixital.

Se tivese que salientar un aspecto relevante da sesión expositiva, sería o de ter en conta que toda tecnoloxía, ao tempo que nos ofrece algo, está a quitarnos outra cousa. Ningunha tecnoloxía é totalmente completa ou válida, nin boa ou mala; debemos relativizar. Ademais, esa visión dicotómica estrutura unha maneira de pensar que non da lugar a unha discusión real.