As tecnoloxías na pedagoxía

Por nara cid

Na vindeira clase expositiva, contamos coa participación de tres pedagogas en distintos campos de actuacións, que nos explicaron o uso e a importancia da tecnoloxía nos seus empregos.

A primeira en comezar a clase foi Lola, unha pedagoga dun  IES de Santiago, para ser exactos do barrio de Fontiñas; comezou explicándonos a súa labor neste centro así como as distintas complicacións que lle xurdiron, é un instituto cun alto índice de alumnos magrebíes e de orixen china. Explicounos a dificultade de comunicarse con estes nun principio xa que estes chegan ao centro sen ningún tipo de base ou coñecemento da lingua castelá, nese momento aplicacións tecnolóxicas como os traductores, son moi importantes xa que facilitan e permiten a comunicación cos rapazes. Unha vez que algun deles xa aprende un mínimo do idioma, serven como traductores para o resto de compañeiros ou aqueles que veñan novos.É moi importante para este sector do alumnado, sentirse comprendido e aceptado, facer a súa cutura máis cercana a todos, mediante murais en arabe  e diversas actividades, como festexar o ano novo chino, logramos que estes se sinta un pouco máis preto do seu fogar, facilitando a súa integración no centro.

A segunda en intevir, foi unha pedagoga, ex-alumna da USC, que se dedicaba a crear xogos educativos ou cun fin pedagóxico, todo isto mediante a rede de internet. O camiño para acceder a este posto non foi doado, xa que este tipo de ámbitos son relativamente novos. O seu cometido consiste en realizar unha xogo base, tengo en conta os seus coñecementos pedagóxios, as necesidades actuais dos nenos e o fin co que se propuxo actividade, logo disto, un deseñador grafico complementa o seu traballo. Pareceme un campo moi interesante xa que cada vez a tecnoloxía está máis adherida  as nosas vidas, e que mellor forma de ensinar aos cativos que mediante a tecnoloxía, sendo este un dos sectores que máis lles atrae e dos que máis coñecementos teñen.

A encargada de finaliar a sesión, foi  unha pedagoga pontevedresa, que ´traballaba nun centro de menores e nun centro de día. Nun principio como ven dixo, non sabia como podería vincular o uso das tecnoloxías co seu cometidos, pero unha vez reflexionado o tema, viu que estaba totalmente ligado; dende que un rapaz entra no centro, se non ten coñecementos de linga castelá, emprega o traductor para poder comunicarse con el, crear algun tipo de vinculo, que faga que o xoven se abra e exprese con ela.  Tamén da uso das tecnoloxía en diversas actividades pensadas para que os nenos, por si mesmo expresen as suas preocupacións ou sexan capaces de ver onde están os problemas que lles impiden avanzar. Para todos os que están solos o  móvil e indispensable para comunicarse coas súas familias e amigos, para sentirse un pouco máis preto dos seus seres queridos, o que nas súas condiciós é moi imortante. 

En definitiva, como en todos os empregos, no ámbito da pedagoxía a nivel laboral, as tecnoloxías xogan un papel moi destacado, permite avanzar e lograr cometidos pedagóxicos que fai uns anos eran impensables e hoxe en día son un feito. Pareceme super productivo a asistencia de este tipo de profesionais ás clases, non só para aportarnos informacións sobre as súas labores, as nosas futuras labores; senon que nos dan  outra perspectiva, a real, a da vida cotiá, que nun futuro próximo, nos servirá de gran axuda.