Facebook e as fake news

Hoxe saíu unha noticia en “El País” que me pareceu moi interesante compartir convosco, pois é un tema do cal estivemos falando recentemente nos nosos post. Facebook busca gente con idiomas para sus centros de contro de “fake news”.

Na noticia infórmase de que Facebook busca persoas con habilidades culturais e de idiomas, as cales son necesarias para combater e borrar o contido nocivo que aparece na rede social, entre as que se topan as noticias falsas ou fake news. Esta estratexia de control dos contidos é debida ao escándalo de Cambridge Analytica, onde se filtrou un gran contido de datos, que incluso levou ao fundador Mark Zuckerbeerg ante o Congreso de Estados Unidos.

En outros países como Alemaña xa están activos os centros dedicados á eliminación de comentarios, vídeos ou fotos que violen as políticas da rede social. Ademais, xa hai rumores de que se implantará un centro deste tipo en Barcelona. Canto tempo tardarán? Dará resultado? Acabaranse eliminando realmente as fake news? Estas son algunhas das cuestións que me pregunto tras ler a noticia. Supoño que deberemos esperar para sabelo a ciencia certa.

Se queredes consultar a noticia orixinal podedes empregar o enlace que se presenta na bibliografía.

BIBLIOGRAFÍA

Torres Menárguez, A. (16 de Maio de 2018). Fecebook busca gente con idiomas para sus centros de control de “fake news”. El País. Recuperado de: https://elpais.com/tecnologia/2018/05/15/actualidad/1526411875_826716.html