Aprendizaxe virtual.

A raíz dunha idea e contido desenvolto durante unha sesión de clase, decidín profundizar e indagar máis sobre o mesmo. Trátase da aprendizaxe online, do recoñecido e-learning.

Cada vez son máis as circunstancias, tanto na educación formal como non formal, que propician o desenvolvemento desta nova metodoloxía. Coas facilidades e oportunidades que achegan as TICs, o e-learning convértese en todo unha tendencia.

Personalmente, xa fomos protagonistas deste proceso en certos aspectos. Incluso se debatiu e comentou a experiencia levada a cabo durante o campus virtual e tamén na rede social Stellae. Ambos espazos presentan oportunidades para desenvolver a acción educativa, non obstante con bastantes diferenzas. Coa novidosa recente experiencia da rede social  puidemos observar como o espazo educativo fomenta hábitos interactivos, un espazo global de participación onde o propio proceso de aprendizaxe é protagonista a través do suxeito que o establece e presenta. En termos xerais, presenta unha metodoloxía que contempla un conxunto de elementos materiais, funcionais e instrumentais encamiñados a facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Por outra parte, falando en termos de equidade, debemos ter en conta e promover o acceso pleno a estos medios para toda a sociedade. Durante o transcurso de clase, fíxose mención aos MOOC (cursos online masivos e abertos), dos cales apenas coñecía máis aló da súa denominación. Estas propostas parécenme unha gran iniciativa e posibilidade para promover unha educación para todos/as e de todos/as. Indagando sobre os mencionados MOOC atopei unha serie de plataformas onde poder levar a cabo ditos cursos. Entre elas atópanse "Futurelearn", "Aprendo", "Lore", "edX", "Canvas Network", "UniMOOC" e "Miríada X". Ao final desta publicación comparto o enlace para amosar máis información sobre cada unha.

A modo de conclusión sobre estes novos contextos de aprendizaxe, penso que debemos  considerar estas novas posibilidades de aprendizaxe baixo unha perspectiva que garanta índices de calidade educativa. Estas novas posibilidades están emerxendo cunha gran forza e cun gran potencial grazas á incorporación das novas tecnoloxías, as cales fomentan e impulsan novos espazos de aprendizaxe para promover e acadar resultados óptimos en termos de eficacia, calidade e rendemento.

A pesar de quedar aínda aspectos que matizar e mellorar, debemos continuar promovendo alternativas e iniciativas como estas que enriquezan a educación en xeral e, que dean resposta ás necesidades que non puido dar resposta a educación convencional. Será o final do papel e lápiz?

 

- Universia España. (2013). 6 Plataformas donde realizar cursos MOOC. Universia. Recuperado de http://noticias.universia.es/educacion/noticia/2013/11/25/1065271/6-plataformas-realizar-cursos-mooc.html

- Sarrate, M.L. (s.f). El aprendizaje on line, nuevo contexto educativo. Centro de Comunicación y Pedagogía. Recuperado de http://www.centrocp.com/el-aprendizaje-on-line-nuevo-contexto-educativo/