Desprazad@s

Facendo referencia a un dos últimos blogs que publiquei, o de Sharenting, atopei outra noticia relacionada no mesmo periódico, titulada: “Odio el teléfono de mi madre y desearía que nunca hubiera tenido uno”: la respuesta escolar de varios niños sobre un invento que nos les gusta.

Unha mestra de primaria de Estados Unidos pediulles aos seus alumnos/as que describisen un invento que non lles gustase e que explicasen por que. Varios nenos/as dixeron que desexaban que os móbiles nunca se houbesen inventados.

Esta mestra comentaba que os alumnos/as lle comentaban que os pais pasaban máis tempo en Facebook que falando con eles/as.

Esta situación fai que os nenos/as se sentan “abandonados/as”, termo que aínda que pareza esaxerado, non dista da realidade e do que senten os seus fillos/as cando os seus pais prefiren atender ao teléfono antes que a eles/as. Nese momento os rapaces/as senten un abandono emocional, senten que non son importantes, xa que están sendo desprazados polo teléfono móbil.

Os nenos/as non necesitan sentirse desprazados/as nin que están nun segundo plano por detrás do teu teléfono móbil. Precisan sentir que son a prioridade na vida dos seus pais.

Déixovos a noticia do periódico por se lle queredes botar unha ollada.

http://www.bbc.com/mundo/noticias-44233406

Comentarios

  • Noelia Suárez

    Boas Marta, tes moita razón ao respecto. Os nenos sempre nos fan reflexionar e neste caso paréceme moi triste que se sinta así. A prioridade dun pai (como pai) é atender ao seu fillo, proporcionarlle un bo desarrollo da súa personalidade e da súa autonomía. A súa personalidade non se vai a desarrollar de forma correcta se non se desenvolverá de forma correcta se non se atenden as súas necesidades emocionais; por outro lado ¿que autonomía se fomenta? A de estar sempre co teléfono na man.... 

    Paréceme moi interesante esta noticia e que a comentaras aquí, pois como xa dixen nun dos meus post, as tecnoloxías teñen vantaxas e desvantaxas.

    Un saúdo e que teñas un bo día!

  • Marta

    Bos días compañeira,

    Moitas grazas por pararte a ler este post! Estou completamente de acordo coa idea que reflexas no comentario, xa que os pais son quen marcan a personalidade dun neno/a.

    Un saúdo Noelia!

  • Ángela González Villa

    Hola rapazas! Considero moi interesante este post, posto que sen dúbida, reflexa a realidade que se viven nos fogares na sociedade actual. Os nenos, sobretodo, nas idades temperás, precisan pasar tempo cos seus pais, xogando, falando, para de este modo, lograr un desevolvemento integral da súa personalidade, dentro dunha esfera afectiva postiva. Sen embargo, se os pais dedican máis tempo as redes sociais, non logran un desenvolvemento positivo e harmónico na súa personalidade.

  • Marta

    Boas tardes Ángela!

    Moitas gracias polo teu comentario. Estou totalmente de acordo coas túas ideas.

    Un saúdo!