Nova Política de Privacidade

Para finalizar o meu percorrido por este Blog quería falar sobre a entrada en vigor do Regramento Xeral da Protección de Datos, un tema que está a orde do día e que se atopa estreitamente vinculado coa materia, xa que en multitude de ocasións falamos sobre os riscos que ten a rede para a nosa privacidade e a nosa seguridade.

Non é algo novo coñecer casos nos que a nosa privacidade se viu vulnerada por grandes empresas, tal e como fixo Facebook, un dos casos que tivo máis repercusión en toda a sociedade, aínda que non o único. Polo tanto, penso que esta modificación na Política de privacidade é necesaria, aínda que só é un medida implantada dentro da Unión Europea.

Dende o pasado 25 de Maio cando compremos algo a trevés de internet ou demos algún tipo de dato persoal deberemos firmar como unha especia de “contrato”, cada vez que proporcionemos os nosos datos debennos ensinar a política de privacidade a que está suxeita a empresa, sendo fácil de comprender, é dicir, deberán darnos a información suficiente para que ese consentimento polos usuarios sexa plenamente consciente. Deste xeito, deberemos autorizar de forma explícita, marcando nunha casiña onde poña “ACEPTA AQUÍ” ou algo similar, aínda que se algún día aceptaches as condicións non estan obrigados a volvercho a pedir. Esta nova política tráta de evitar que haxa consentimentos implícitos dos que os usuarios non son conscientes, ademais, outra novidade e que se algún día te arrepintes podes facer que borren os teus datos inmediatamente, facilitando así un maior control da privacidade por parte do propio usuario.

Ata o momento todo parecen ser ventaxas para nós, os usuarios, non obstante, omitese ou non se afonda sobre o poder que teñen as bases de datos nas nosas vidas. Pois en caso de non aceptar a súa política de datos corres o risco de non poder empregala, como ocorre con Facebook, WhatsApp..., é dicir, estamos falando de redes de comunicación en línea que para empregalas estaremos obrigadas/os a aceptar que utilicen os nosos datos e a nosa información como consideren oportuno.

Entón preguntome: Realmente está Política de Privacidade nos transifire poder sobre os nosos datos ou máis ben fai que as grandes empresas cumpran un riquisito no que nos están obrigando implicitamente a aceptar a súa política se queremos seguir difrutando dunha comunicación en línea e de información a golpe de “click”?  Dende o meu punto de vista creo que nos obrigan a cumprir unha política se queremos seguir facendo uso desas plataformas virtuais, e que realmente non nos oferta unha seguridade plena dentro dese mundo virtual, ao quel cada vez accedemos máis e que é moi necesario para que exista un intercambio de información e unha comunicación continua, pero no cal estamos completamente vulnerables.