À bientôt!

Unha vez rematada a páxina http://stellae.usc.es/red/pages/view/169996/a-cerdeira é hora de dicir adeus á materia, ou máis ben ata pronto, e sería raro se non me despedise cunha entrada.

O temario da materia significou unha apertura a novos temas e conceptos. Grazas ao feito de indagar pola nosa conta para ampliar a información dos temas traballados na aula, creo que nos axudou máis que nunca a reflexionar, dando pe a compartir cos nosos compañeirxs novos conceptos que íamos atopando pola rede no a tecnoloxía se refire, e así mesmo, dar a nosa opinión fundamentada sobre determinados temas.

Quédome cunha das frases que aparecía no collage que realizamos entre todos o último día de clase: “Ensínase a nenos do século XXI con profesores do século XX e aulas do século XIX”. Se vivimos nun mundo que está en constante cambio, a educación tamén debe cambiar.