WebQuest

Por Cristina

WebQuest

Os antecedentes da WebQuest atópanse no uso de retos no desenvolvemento do aprendizaxe baseado en tecnoloxías da información aplicadas dende 1980.

 

A WebQuest nace dunha idea creada en 1995 na Universidade Estatal de San Diego por Bernie Dodge en colaboración con Tom March. Esta creación levou a que se constituíse unha das técnicas principias de uso e integración de Internet no proceso de aprendizaxe dos alumnos.

O seu propio creador define a WebQuest como unha actividade de indagación e investigación enfocada a que os alumnos obteñan toda ou a maior parte de información que van a utilizar de recursos existentes en Internet. As WebQuests son ideadas para que os alumnos fagan un bo uso do tempo priorizando a utilización da información máis que da súa busca, e para apoiar o desenvolvemento do seu pensamento nos niveles de análises, sínteses e avaliación.

 Unha WebQuest consiste basicamente en presentarlle os alumnos un  problema, unha guía do proceso de traballo eu n conxunto de recursos preestablecidos accesible sa través dunha páxina ou dunha aplicación Web. A metodoloxía é de traballo cooperativo en pequeno grupo, debendo desenvolver un traballo utilizando os recursos ofrecidos por Internet.

 

Podemos diferenciar varios tipos de WebQuest.

_Corta duración:

  • Obxectivo: A meta educacional dunha WebQuest a corto prazo é a adquisición e integración do coñecemento dun determinado contido dunha ou varias materias.
  • Duración: Está deseñado para ser terminado entre un e tres períodos de clase.

_Larga duración:

  • Obxectivo: A extensión e o procesamento do coñecemento.
  • Duración: A súa duración está estimada entre unha semana e un mes de clase.

_Miniquest:

  • Obxectivo: É unha versión das Webquests que se reduce a só tres pasos: introdución, tarefa e resultado. É unha boa forma de iniciar o alumnado na utilización das TIC.
  • Duración: Pódese levar a cabo en 50 minutos.
ESQUEMA:
  •  Esquema de una WebQuest

 

Webgrafía

http://personal.telefonica.terra.es/web/tecnologiaweb/concepto.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/WebQuest

http://www.aula21.net/tercera/introduccion.htm