Sociedade actual

A revolución tecnolóxica levou aos nosos fogares aparellos como o teléfono, a televisión e o ordenador, o cal foi o último en incorporarse no noso día a día, influído, deste xeito na aplicación da tecnoloxía informática no respectivo ao tratamento da información. Sen lugar a dúbidas, a dixitalización da información é a clave da integración e converxencia de medios e linguaxes que caracterizan o actual panorama das tecnoloxías da información e da comunicación.

Para definir esta nova sociedade, que incluíu as TIC ás súas actividades diarias, empréganse dous conceptos, utilizadas moitas veces sen coñecer a diferenza entre os mesmos: sociedade da información (que fai referencia á crecente capacidade tecnolóxica para almacenar cada vez máis información e facela circular cada vez máis rapidamente e con maior capacidade de difusión) e sociedade do coñecemento (refírese á apropiación crítica e selectiva da información protagonizada por cidadáns que saben como aproveitar a información).

Por sociedade da información enténdese aquela na cal as novas tecnoloxías que facilitan a creación, distribución e manipulación da información xogan un papel esencial nas actividades sociais, culturais e económicas. Esta é vista como a sucesora da sociedade industrial.

Os principais rasgos que definen a sociedade da información:

  • Enténdese como a base da revolución tecnolóxica.
  • Caracterízase pola globalización dos seus principais sistemas (social, económico...).
  • Cambio da organización social (organización xerárquica vertical vs. organización en rede).
  • Tendo en conta os continuos movementos migratorios, o multiculturalismo e a diversidade son factores fundamentais á hora de falar desta sociedade.
  • Considerase a información como mercancía.
  • Fálase dun cambio nas interaccións sociais, así como da linguaxe e nos xeitos de comunicación.
Características da Sociedade da Información

Un dos últimos puntos a ter en conta é que o procesamento da información e a capacidade de convertela en coñecemento faise imprescindible para a cidadanía; é dicir, preténdese que a poboación estea capacitada para interpretar a información, seleccionala, valorala e, en definitiva, producir as súas propias mensaxes e ser partícipes da transformación social.

As sociedades da información emerxen da implantación das tecnoloxías de información e comunicación das relacións sociais, culturais e económicas.

Así mesmo, información non é o mesmo que coñecemento, xa que a información componse de feitos e sucesos, mentres que o coñecemento defínese como a interpretación de devanditos feitos dentro dun contexto, e posiblemente con algunha finalidade.

O concepto sociedade do coñecemento xurdiu a finais dos anos 90, como alternativas dalgúns autores para sociedade da información, o cal xerou un debate no que se tiveron en conta diversos criterios como o económico ou lingüístico.

Podería dicirse que a sociedade actual non se define co termo sociedade do coñecemento, xa que este vai máis ligado a unha formulación dunha utopía, xa que fai referencia a unha etapa posterior á que se concibe e a que se chegaría a través das TIC, dunha instrución universal e dunha humanización das sociedades actuais.

A consideración principal é que a instrución das sociedade debería realizarse en base ao espírito crítico.

Comentarios

  • Irene López Crespo

    Como todos sabemos a revolución tecnolóxica alterou os antigos métodos de produción e permitiu a aparición de novos sistemas de xestión económica, social e cultural. Por todo isto e pola dependencia que temos das TIC, consideramos que a falta de coñecemento sobre as novas tecnoloxías está asociada cun novo xeito de analfabetismo, que podería chegar a desembocar nunha nova forma de desigualdade social.

    Así mesmo, considero que cabe ter en conta un cambio destacable con respecto ao modelo social anterior, e é que a xestión da información é considerado unha gran habilidade cognitiva, chocando de fronte coa concepción anterior que tiña como sinal de riqueza intelectual a aportación de vastas cantidades de coñecemento.

    En conclusión podo dicir, vivimos nunha sociedade da información que camiña cara unha utopía que se deu en chamar sociedade do coñecemento e pola cal a instrución, non só a nivel cognitivo, senón tamén cultural e de valores, se produciría a través da canle tecnolóxica, quen nos suprimiría todas as barreiras coas que nos poderíamos atopar no devir da nosa vida, contribuíndo a crear persoas, en certo grao, autodidactas.

  • Irene López Crespo

    Fontes dixitais:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Sociedad_de_la_informaci%C3%B3n

    http://es.wikipedia.org/wiki/Sociedad_de_la_informaci%C3%B3n_y_del_conocimiento

    http://www.ub.edu/geocrit/b3w-683.htm

     

    Fontes en papel:

    Cid Fernandez, X.M. e Rodríguez Rodriguez, X. (2007): A fenda dixital e as súas implicacións educativas. Santiago de Compostela. Nova escola galega.

    Gutiérrez Martín, A. (2003): Alfabetización digital, algo más que ratones y teclas. Barcelona. Gedisa