Fenda Dixital

O termo Fenda Dixital fai referencia a dúas ideas diferentes que son:

-          A diferenza socioeconómica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade as TIC e a Internet e aquelas que non.

-          As diferenzas que hai entre grupos segundo a súa capacidade para utilizar as TIC de forma eficaz, debido aos distintos niveis de alfabetización e capacidade tecnolóxica. Así mesmo, tamén se empregan para sinalar as diferenzas entre aqueles grupos que teñen acceso a contidos dixitais de calidade e aqueles que non, é dicir, que tamén se tñen en conta as diferenzas previas ao acceso ás tecnoloxías.

O concepto de fenda dixital atopa o seu antecesor no chamado informe “O elo perdido”, que se publicou en 1982. O termo procede do inglés dixital divide, e existen disidencias sobre quen o foi o acuñador do termo; nalgunhas outorgaselle a responsabilidade Simon Moores, mentres que outros refírense a Lloyd Morrisett como o primeiro que o empregou para facer referencia á fractura que podía producirse nos Estados Unidos entre "conectados" e "non conectados", se non se superaban as serias diferenzas entre territorios, razas e etnias, clases e xéneros, mediante investimentos públicos en infraestruturas e axudas á educación.

Nestes últimos tempos desprestixiouse a función instrumental das tecnoloxías, deixando de ser consideradas como un mero medio que impulsaría o cambio social, sen ter en conta as diferenzas entre as persoas; en detrimento da actual opinión que se ten delas ferramentas de comunicación de valores comúns entre grupos, individuos e organizacións sociais.

A inclusión dixital, defende que o sector da sociedade civil inmerso na fenda dixital hai que entendela como un problema colectivo, xa que os beneficios hai que velos en relación aos que se xeran para as comunidades, organizacións, familias e grupos que sacan proveito das tecnoloxías, aínda que non teñan acceso a estas. A eficacia das políticas de inclusión dixital dependerán das posibilidades de integración do coñecemento nos propios obxectivos dos seus beneficiarios, considerando que non existe un só modelo, senón moitas posibles sociedades da información.

Para diminuír a fenda dixital unha gran cantidade de gobernos de todo o mundo, desenvolveron plans encamiñados á diminución da Fenda dixital, é dicir que dende os gobernos implántanse políticas de accesibilidade web, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas da súa contorna poidan usar de forma satisfactoria Internet. 

Comentarios