Formación de Adultos

Co avance das TIC , así como a súa inclusión no noso día a día a educación permanente convertese nun piar base para conseguir que tanto as novas xeracións coma o resto de persoas poidan desenvolver, completar e mellorar a súas competencias.

Para lograr acadar este ideal de educación permanente e superar prexuízos tales como o edismo é importante prestar especial atención á formación de adultos. Dentro desta existen unha serie de puntos que hai que ter en conta para lograr unha formación exitosa:

  • Uso de exemplos clarificadores, co fin de facilitar a comprensión dos casos individuais, é dicir, que se pretende lograr, progresivamente, un ordenamento interior dos coñecementos e pensamentos adquiridos polo alumno.
  • Prestar atención ao grao de asimilación: dende a formación do adulto débese dar menor importancia ás respostas verbais, pasando a  centrarse no grao de asimilación práctica dos coñecementos. A procura da verdade das cousas por parte do alumno é o esencial do proceso da aprendizaxe. Dentro deste proceso o profesor ocupa o lugar de guía e apoio, pero non necesariamente o do que debe dar a solución ao erro do alumno.
  • Basearse na investigación: O recomendable e liberarse do principio de que é preciso dar ao alumno maior cantidade de coñecemento, no mínimo tempo posible, facendo que a formación se fundamente no método de investigación científica, deixando que o propio alumno traballe os coñecementos.
  • Conectar coa realidade: A lección deberá partir de algo que conecte coa realidade existencial da cal procede o alumno. A tarefa do profesor é guiar o traballo do alumno adulto, pero sen caer no erro de axudar tanto aos seus alumnos que os mesmos chegan a descubrir demasiado facilmente a solución correcta.
  • Solución de problemas: A situación ideal dunha formación de adultos debe ser a dun alumno que pregunta e un profesor que responde.
  • Ensinar a pensar: A bondade dunha formación para adultos, ou a capacidade didáctica dun profesor, non debe ser medida pola cantidade de coñecementos que adquire o alumno, senón que xunto a iso debe buscarse ante todo o éxito dunha escola, na súa capacidade de ensinar a pensar e a xulgar a cada un dos seus alumnos.
  • Formar parte do seu propio pensamento: O aspecto educativo da aprendizaxe dun contido, debemos buscalo no feito de que sexa asumido dinámicamente polo alumno, e por conseguinte pase a formar parte da súa conduta como “propiedade intelectual”.
  • Elaborar xuízos persoais: Baseándose nos puntos anteriores, os alumnos deben ser quen de elaborar xuízos ao respecto dun determinado contido, a fin de conducir a unha nova conclusión propia, que os enriqueza.

Con respecto a isto, a Comisión Europea determinou unhas orientacións en materia de formación permanente e educación para adultos, que teñen como punto de partida o Libro Branco “Crecemento, competitividade e emprego” elaborado a iniciativa de Jacques Delors. Este documento sinala, na súa introdución, que a educación e a formación teñen como función esencial a integración social e o desenvolvemento persoal.

O “Libro Branco” conta con cinco obxectivos:

  1. Estimular a adquisición de novos coñecementos: dende aquí destácanse a necesidade de desenvolver programas multimedia, que favorezan estes novos coñecementos.
  2. Aproximar a formación e a empresa: ten como punto de partida e complementariedade entre formación e empresa.
  3. Loitar contra a exclusión: As escolas de segunda oportunidade son un claro exemplo.
  4. Dominar tres linguas comunitarias.
  5. Tratar igual o investimento en material que o investimento en formación: avaliar o investimento en educación e en formación, actualizando un estudo comparativo dos investimentos.

 

Comentarios