Software Libre

Por Begoña

Un concepto ao que se fixo referencia ao longo da materia foi o de Software Libre, quixen achegarme un pouco máis a este concepto indagando e buscando información para realizar a entrada ao blog de hoxe.

Un software é libre cando se pode coñecer, empregar, crear, programar, comunicar e compartir sen restricións. Partindo desta base, todo o mundo pode contribuír a mellorar o software libre sen ter que pagar nin pedir autorización a ninguén, e que estas melloras se poñan a disposición de calquera persoa.

Este software constitúe unha alternativa de solucións de deficiencias do software propietario. Isto non quere dicir que un sexa mellor ou peor que outro, senón que se trata de diferentes alternativas que se ofrecen aos usuarios.

Ademais o software libre é un paso máis que a sociedade dou no desenvolvemento do movemento libre da información e na produción de coñecemento, xa que como todos sabemos vivimos na Sociedade da Información.

CARACTERÍSTICAS DO SOFTWARE LIBRE:

- Flexibilidade e adaptabilidade.

- Fiabilidade e seguridade.

- Libre e baixo custo.

- Relación próxima co usuario.

- Non hai que pedir nin pagar permisos.

- Libre acceso.

- Entre outras…

 

http://tice.wikispaces.com/Software+libre