TAREFA I: Analizar en qué materias se traballou a temática do asesoramento

        Tendo en conta aqueles aspectos que xa coñecemos sobre o asesoramento, reflexionando estes días previos cheguei a conclusión de que existen diversas fontes ás que podemos recurrir do curso pasado ou incluso do que estamos a cursar.

        Seguindo un pouquiño de orde cronolóxica, atopámonos coas materias de "Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica", "Deseño, desenvolvemento e innovación do currículo", "Política e lexislación educativas" e "Diagnóstico en educación", cursadas no primeiro cuatrimestre, ou no caso da primeira de xeito anual. Nestas materias o asesoramento está presente dende distintas perspectivas, en "modelos" achegámonos a él dun xeito moito máis profundo, analizando a función do asesoramento no sistema educativo, na escola e en cada un dos individuos, entendendo a evolución das distintas perspectivas do asesoramento, as correntes nas que estivo inmerso e tratando de posicionarnos a nós mesmos nunha das posturas estudiadas e ser críticos con cada unha delas. Dende "currículum", entendemos a importancia da programación e o seu axuste ás necesidades presentes na escola, e como a nosa función como asesores estaría vinculada a maior organización do profesorado e a adecuación das materias, contidos e obxectivos a realidade do centro. "Política" achegounos o coñecemento crítico sobre as leis que rexen a educación e como estas poden limitar ou favorecer a nosa intervención. E "diagnóstico", polo súa parte, fíxonos conscientes da importancia da valoración e avaliación previas a intervención en calquera circunstancia, que é unha das lousas fundamentais polas que se ten que rexir o traballo de asesor, a actuación reflexiva, previa análise.

        Seguindo a senda do curso pasado, atopamonos co "Practicum I", cursado no segundo cuatrimestre, que dun xeito eminentemente práctico nos fixo entender a realidade do asesoramento, ben sexa atopando experiencias que nos enriquecesen de forma positiva e nas que atoparemos un referente de intervención no futuro, ou sendo pola contra, experiencias nas que o enriquecemento parte da aprendizaxe que nos supón a análise das malas prácticas e as súas orixes ou motivacións.

         Xa rematando, neste curso temos esta materia, na que espero clarifiquemos moito máis os conceptos, e as función específicas no ámbito educativo;e tamén, "Orientación profesional" na que nos achegaremos ao asesoramento dende o ámbito do traballo, e que supoño nos axudará a entender outra das acepcións do termo discutido.