RELACIÓN ENTRE ASESOR E PROFESOR

A labor do profesorado non se debe basar nunha confrontación co alumnado,todo o contrario, senón que se debe loitar por unha boa relación entre ambos, da que ambos se beneficien mutuamente, e sobre todo o alumno, para alcanzar máis facilmente as metas que se plantexe. Para iso, o profesor debe prestar axuda e apoio en todo o que necesite ó seu aprendiz.

Do mesmo modo, a relacion entre asesor e profesor ha de ser unha relación entre iguais, na que ningún dos cargos teña superioridade sobre o outro. Así, pois, a liña de taballo debe estar basada na coordinación, apoio e asesoramento entre ambos, ca finalidade de favorecer o proceso de ensiñanza-aprendizaxe dos seus alumnos, quenes serán os protagonistas principais da acción educativa.

Todo isto levaríanos a un mellor resultado da educación, o que sería un pequeno paso cara a escola de calidade que se persigue. Pero realmente isto é o que se está á facer na actualidade? Cal é esa relación hoxe en día?

Comentarios

  • Raquel Viña Molinos

    Penso que na maioría dos centros eductivos o orientador manén unha relación de igualdade co resto do profesorado, polo menos na miña experiencia laboral, topei con orientadores que exercían a súa labor de asesoramento dunha maneira horizontal, e nunca directiva. Creo que así é como debe ser, pero tamén sei que non sempre acontece isto. FAlando de relacións entre iguais, venme á cabeza á nova lei de educación que está a elaborar o goberno, e na que se dota de moita máis autoridade ao director, quitándolle competencias a órganos colexiados como o consello escolar e o claustro. Realmente se pensa que se conseguirá unha educación de calidade con este tipo de estratexias? Eu penso que todo o contrario.