• Blogs
  • Silvia
  • A USC convoca 58 prazas para docentes en tan só un mes.

A USC convoca 58 prazas para docentes en tan só un mes.

Siiiiiiiiiii !!! Por fin, despois de tantas entradas falando sobre os " aspectos mais negativos " dos docentes e da súa formación; agora por parte dos medios de comunicación chéganos unha moi boa nova.

E si, nun sector donde a crise se está cebando, aparece a moi boa noticia de necesidade de contratar 58 docentes : 6 interinos, 33 contratados doctores e 21 asociados ( a maioría para o sector das ciencias da saúde).

Ademais de estas prazas, hai que sumar tamén as 13 prazas que o último Consello de Goberno da Universidade dou luz verde, despois que os investigadores Parga Pondal da promoción do 2006 pasasen a avaliación da ANEP. A esto ademais, súmase o propósito de na seguinte reunión de este organismo, de tramitar 2prazas mais.

Chamoume a atención unha reflexión coa que non podo estar mais de acordo do redactor de este artigo, e que di que desta crise que nos afecta a todos só se poderá saír de este pozo co capital humano.

Sei que non é unha noticia moi extensa, pero nos tempos que corren, para min si é moi moi boa, e quería compartila con vós, pois quizais nos próximos anos, para nós sexa vital recibir unha información así.

.Esperemos pois, que as aulas só se atopen vacías nas xornadas non lectivas, e que haxa sempre prazas e lugares cheos de xente formándose.

http://www.lavozdegalicia.es