Técnica do acuario

Hoxe na clase puxemos en práctica a "técnica do acuario". TNesta técnica fórmanse 3 círculos: un círculo interno de "expertos", un segundo círculo de "observadores críticos" e un terceiro gran círculo, formado por toda a clase, que serían os "observadores" (do acuario).

acuario.jpg

A técnica do acuario pareceume moi interesante porque permite analizar a dinámica de discusión dun grupo de persoas e así mellorar a propia. É unha boa maneira de analizar profundamente un tema concreto. Algo que me chamou a atención dende fora foi o cambio no discurso, no grupo de expertos utilizouse un discurso moi técnico que se foi acercado a un discurso moito mais natural a medida que nos iamos alonxando do centro do acuario. Debido á preparación en profundidade do tema dos participantes.

O grupo de expertos preparouse moi ben o tema, o que complicou a tarefa do grupo de observadores críticos, pero ámbolos dous grupos fixeron un moi bo traballo. O resto da aula, o grupo dos observadores estabamos mais retraidos á hora de contestar, costounos mais participar, seguramente porque non prepararamos a conciencia o tema de antemán, pero aínda así sairon conclusións moi interesantes e fructíferas.

 

cartoon1.jpg