Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

¿Cómo debe actuar un asesor á hora de comezar a traballar nun centro?

Na anterior entrada do blog comentei os diferentes tipos de asesor que podemos distinguir, tendo en conta as relacións que dito profesional mantén co resto de compañeiros do centro.

O certo é que a forma en que o asesor se comporte non debe ser arbitraria, posto que tamén depende do tipo de relacións que se manteñen no centro e da cultura alí existente.

Para tratar esta cuestión, terei en conta algunhas das achegas realizadas polos meus compañeiros na sesión en que comentamos o texto Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría de Jesús Domingo Segovia, a través da técnica  de acuario.

Debemos dicir que se queremos que o noso traballo sexa produtivo, temos que ter en conta a todos os profesionais do centro, e informarnos das opinións e motivacións de cada un. Dado que se os profesores ven que nos interesamos por eles, terán unha maior predisposición para colaborar con nós. Ademais, se coñecemos mellor a cada unha das persoas coas que traballaremos, podería chegar a saber como actuar para espertar o seu interese con respecto ás accións e medidas que se pretender conseguir.

Queda claro pois, que as habilidades sociais son fundamentais para chegar a ser un bo asesor, posto que coñecemos a maneira de relacionarnos axeitadamente cos demais. Estas relacións interpersoais poden desenvolverse en situacións e contextos informais, coma o corredor, unha cafetería, etc. Esta pode ser unha forma valiosa de lograr que as relacións interpersoais se deixen de ver como algo unicamente burocrático, para que pasen a ser voluntarias e se vaia adquirindo conciencia da importancia que teñen.

A través desta relación que mantemos cos demais, podemos chegar a coñecer a historia do centro, coñecer a súa realidade, e ver as ideas que os profesionais teñen sobre o asesoramento, o traballo colaborativo, a escola, o ensino, etc. Só así podemos chegar a comprender ós nosos compañeiros, a súa forma de actuar e comezar un cambio efectivo.

Como vemos, queda claro que non podemos tratar de impoñer un cambio nada máis chegar, o cambio debe buscarse considerando a realidade da escola e contemplando o marxe de mellora e acción en cada momento por parte de esa escola, o cambio debe ser gradual.

Temos que saber como mover ó grupo, hai que aproveitar aquelas situacións que nos poidan axudar para motivar ó profesorado, para favorecer o traballo e a mellora, hai que estar atento a esas situacións debemos ser oportunistas. Hai que prestarlle ós compañeiros o apoio necesario, debemos ser os seus compañeiros de viaxe, nesta viaxe de mellora, pero debemos de ter en conta que esa axuda, que se debe facer dende a igualdade e non dende o autoritarismo, debe ir reducíndose paulatinamente, facendo que eles mesmos sexan autónomos e regulen a súa actividade, é dicir, que vaia aumentando o seu empoderamento.

Este cambio debe ser un proceso, non algo puntual, no que hai que ter en conta a todo o profesorado e respectalo, escoitándoo sempre. Temos que ser prudentes neste proceso de cambio, dar os pasos con coidado e seguindo o que acabamos de citar, pois de tentar impoñer as nosas ideas o único que conseguiremos son negativas e reticencias. Ó longo deste cambio buscaremos construir comunidades de aprendizaxe, incluíndo nelas ó entorno da escola (pais, nais, veciños, etc.), para tentar lograr así unha escola de calidade para todos.