Pedagoxía Waldorf

O currículo dunha escola Waldorf pode verse como unha espiral ascendente con prolongadas clases cada día e bloques de estudo que enfocan un tema durante varias semanas.

Cando os nenos relacionan o aprendido coa sua propia experiencia,se interesan e se enchen de vitalidade convertindo o aprendido en algo propio. Os colexios Waldorf están diseñados para promover e desenrolar este tipo de aprendizaxe.

Esta corrente distanciase das metodoloxías tradicionais que conducen ós estudantes cara un aprendizaxe xerárquico e competitivo; neste método trabállanse as conductas de serenidade, capacidade de reacción, imaxinación e sensibilidade artística, solidaridade e tolerancia, entre outras. Un peso moi importante teno a arte, as linguas extranxeiras e a gramática a partir de contos de fadas, fábulas, lendas populares, poesías...coas que os nenos van adquirindo formación.

No aprendizaxe Waldorf trabállase por septenios, é dicir, por ciclos de 7 anos. Non hai libros de texto nos primeiros anos de escolaridade. Os aprendices producen os seus propios libros, recopilando experiencias e aprendizaxes da vida cotiá. Desde moi pequenos introducen o alfabeto de forma pictórica, deletreando, recitando, representando símbolos.

Nas escolas Waldorf non hai director, nin xerarquía, isto non implica que non estean organizados e que cada mestre é responsable da evolución da súa clase, e durante os primeiros sete anos os nenos entrelazan as súas relacións co mesmo profesor-tutor.

O xogo como elemento indispensable, é outro dos anclaxes empregados por este método, xa que xogar significa percibir con todos os sentidos, poñer en movemento todo o corpo, ser activo. O xogo é o medio para que o neno domine o movemento corporal, constrúa o seu equilibrio, defina un tacto delicado e un impulso cheo de forza; disto nace máis tarde a experiencia consciente de sí mesmo.

A medida que os estudantes maduran, enfróntanse con niveis de experiencia con cada meteria. É como se cada ano se asomasen a unha ventá da espiral ascendente enfocando ó mundo a través dunha lente dunha materia en particular. Mediante o curriculo en espiral cunha lección principal, os mestres preparan o camiño para unha integración gradual, vertical, que profundiza e ensancha a experiencia de cada materia e, ó mesmo tempo, mantena en sincronía coas demais facetas do coñecemento.

image

Todos os estudantes participan de todas as materias básicas independentemente das aptitudes especiais. O propósito de estudar unha materia non é convertir ó estudante nun matemático, historiador ou biólogo profesional, senón espertar e educar aqueles talentos que todo ser humano precisa.

A elección dunha vocación está librada á decisión do adulto, pero a educación temperá que un recibe debera proveelo dunha paleta de experiencias de onde cada quen poida elexir as cores particulares que lle permiten os seus intereses, aptitudes e circunstancias e expectativas persoais.

Se a espiral ascendente do currículo, ofrece, ano tras ano, unha “integración vertical”, unha igualmente importante “integración horizontal” permite que os estudantes encaren a totalidade das súas aptitudes en cada etapa do seu desenrolo. As artes e habilidades prácticas xogan un papel fundamental no proceso de educación ó longo dos grados. Non se lles considera como luxos senón unha parte esencial para o crecemento e desenrolo humano.

 Cando o currículo Waldorf se completa existosamente, todo o ser humano, a cabeza, o corazón e as mans, foron verdadeiramente educados.

 

WEBGRAFÍA:

http://www.espaciologopedico.com/articulos/articulos2.php?Id_articulo=203 (Consultado: 27-12-12)