Resiliencia, unha opción para tratar o estrés docente

O agobio, o estrés, a falla de recoñecemento e as situación violentas, son reais, existen e xeran malestar docente.

Os profesores atópanse sometidos á presión social, á presión das familias dos seus alumnos/as e mesmo se ven baixo á presión política duns gobernantes que non fan máis que mermar os dereitos e intereses.

Isto vese claramente se botamos unha simple ollada a actual situación de crise económica que vimos padecende dende xa fai uns anos, onde os docentes son víctimas directas dos duros recortes económicos aplicados ó ámbito educativo, os que obviamente se traducen en máis malestar nos docentes do noso país.

Pero este malestar docente pode curarse, ou alomenos non ten porque ser permanente, pois aínda que saír desa situación soe ser demasiado complexo, si é posible logralo a través da resiliencia.

Entón, que é a resiliencia? De que estamos a falar ó referirnos a este concepto aplicado ós docentes?

- A resiliencia é a capacidade que temos tódolos seres humanos para desenvolver fortalezas fronte a situación adversas, difíciles ou traumáticas.

- Aplicado ós docente, segundo Rinkin y Hoopman (1991) a resiliencia pode definirse como a “capacidade de recuperar, sobrepoñerse e adaptarse con éxito fronte a adversidade e de desenvolver competencia social, académica e vocacional pese a estar exposto a un estrés grave ou ás tensións inherentes ó mundo actual “.

Isto é, ser mestre, ser profesor, ser docente implica ser resiliente, é dicir, implica posuír esta capacidade para superar as adversidades e así saír fortalecidos das mesmas.

Un docente non debe rendirse ou sucumbir ante unha situación adversa, porque isto só lles provocará máis malestar así como gran impotencia e resignación, cuestións que afectarán seriamente ó seu quefacer profesional á vez que á súa faceta persoal.

Persoalmente, considero que é importante desenvolver a capacidade de resiliencia nos docentes, pois son eles os que teñen que sortear múltiples situacións adversas e fortalecerse para enfrontalas co maior éxito posible. Por iso, cando un profesor é resiliente, pode transformarse nun xerador de resiliencia na aula e cos seus alumnos/as, é dicir, o docente é clave para conseguir que os seus alumnos/as adquiran as competencias necesarias para saír adiante grazas a súa capacidade para sobrepoñerse ás adversidades.

Como conclusión persoal, quero rematar afirmando que é preciso potenciar e descubrir a resiliencia dos docentes, porque eles serán logo os encargados de transmitir esta capacidade ós seus educandos. Esta capacidade de resiliencia coa deben contar os docentes, parece totalmente ideal e imposible de lograr, pois un sempre se deixa arrastrar polas influencias ou simplemente non ten a forza suficiente para afrontar as situación complexas que lle plantexe a vida. Agora ben, isto non significa que sexa algo imposible de lograr. Como todo, require moito esforzo e, sobre todo, necesítase traballar moito coa autoestima do docente.

 

Para realizar esta entrada, utilicei as seguintes referencias:

http://www.lavoz.com.ar/cordoba/resiliencia-opcion-para-tratar-estres-docente

http://resilienciasociocultural.blogspot.com.es/2010/06/ser-maestro-ser-maestro-resiliente.html

http://portal.educ.ar/debates/eid/docenteshoy/resiliencia/reconocimiento-de-personas-resilientes-docentes-y-alumnos.php

Un saudiño 

TAMARA REY