Bauman: modernidade líquida e posmodernidade

Ao longo do cuatrimestre fixéronse alusións á posmodernidade e, especificamente a un autor, Zygmunt Bauman e ao seu concepto de modernidade líquida. En esta entrada gustaríame resumir brevemente quen é  Bauman e facer unha pequena reflexión sobre a escola e a postmodernidade.

Zygmunt Bauman (Polonia, 1925) é un sociólogo, filósofo e ensayista, coñecido por acuñar o termo “modernidade líquida”. Foi profesor na Universidade de Varsovia e en outros países como Israel, Estados Unidos, Canadá e Inglaterra. Na súa obra abarca cuestión como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza.

Bauman limítase a describir a sociedade na que vivimos, as súas contradiccións e as tensións que se xeneran nas nosas relacións. A modernidade líquida é figura do cambio e de transitoriedade. Referímonos á modernidade líquida porque presenta todas as cualidades de este estado, é dicir, está en continuo cambio e adaptación.

Unha das características que definen a nosa sociedade é o individualismo que afecta ás nosas relación volvéndoas precarias e inestables.

Actualmente impónsenos unha falsa liberdade. A dinámica de producción  economica incita a nosa sociedade o contante cambio, xa nada é fixo, como vida líquida  adaptamonos a calqueira molde, un exemplo na educación podería ser a existencia de másteres efímeros adaptados ás necesidades das empresas, no caso da empresa un bo exemplo sería a mobilidade.

Esta obligación e a característica das relacións persoais dan importancia ao desarraigo afectivo, esta nova cualidade que presentan os seres humanos facilitará os cambios. Bauman fala de medo a establecer relacións sociais e dí que estas dependen  do beneficio que xeneran, este autor vai máis alá sinalando que todas as relacións de basan no custo-beneficio. Como exemplo de esto, Bauman contempla aos parados como un problema do que sería mellor desfacerse.

As comunidades de esta sociedade son fráxiles e artificiales, cando os individuos deixen de ter interese na comunidade, esta desaparecerá. As sociedades son frías e egoístas, Vázquez Rocca pon o exemplo da migración de África á Europa, onde os cidadáns europeos responderon con medo e xenofobia, en lugar de pensar por qué África quedou excluído da globalización. A identificación co grupo depende da situación.

A sociedade, segundo Bauman, está marcada polo medo e a adicción á seguridade. Medo defínese como a nosa incertidumbre, a non saber o que pasará no futuro, incluso no máis próximo, nin onde se atopa o perigo. O medo ao medo atópase en todos nos, independentemente do grupo ao que pertenezcamos, logo existen medos individuais, grupais, reais, imaxinarios.

Ao referirnos á posmodernidade, non queremos referirnos á corrente artística á que perteneceron  e pertencen grandes arquitéctos como Bofill, Moore ou Eisenman, o autor que está detrás da Cidade da Cultura, senón a o proceso cultural que se está a producir desde as últimas décadas en moitos países.

Características da posmodernidade:

-          A importancia de vivir o presente, perdendo importancia o pasado.

-          Búsqueda do inmediato.

-          Culto ao corpo.

-          Culto á tecnoloxía, a favor da pérdida de fe na razón e na ciencia.

-          Pérdida de fe no poder público.

-          Despreocupación ante a inxustiza.

-          Créanse teoría da conspiración constantemente para a explicación dos grandes problemas.

-          Individualismo.

-          Economía do consumo.

-          Pérdida de intimidade.

-          Excesiva emisión de comunicación.

Escola e posmodernidade.

A escola como fábrica, propia das sociedades disciplinarias deixa paso a escola como empresa moderna producto das sociedades de control, de este tema xa falei nunha entrada anterior sobre Focault, pero gustaríame volver a el esta vez centrándoo no uso das TIC. A aparición das TIC na escola, que responde o paso das sociedades disciplinarias as sociedades de control,  implica que o individuo poda chegar a non distinguir entre ocio e traballo, un exemplo claro témolo diante dos nosos ollos con Stellae. As novas tecnoloxías avanzan deixando atrás, como reliquias da modernidade, aos libros debido a que a escola, unha institución moderna trata de adaptarse os seus usuarios, producto da postmodernidade. O control que producen en nós as novas tecnoloxías, polas súas características, é moito maior do que exercían os libros.

En relación ao custe-beneficio do que nos falaba Bauman cabe decir que está moi presente nas nosas escolas utilizado por mestres e alumnos no proceso de ensino-aprendizaxe. A finalidade da escola é ser eficaz e eficiente á hora de conseguir os seus obxectivos, é dicir, de facer que os alumnos e alumnas adquiran coñecemento, habilidades e actitudes para servir as demandas de individuo productivo, e decir do traballador.

 

 

Webgrafía:

http://es.wikipedia.org/wiki/Zygmunt_Bauman#Modernidad_y_postmodernidad_versus_modernidad_s.C3.B3lida_y_l.C3.ADquida

http://www.ucm.es/info/nomadas/19/avrocca2.pdf

http://redalyc.uaemex.mx/src/inicio/ArtPdfRed.jsp?iCve=13820504