PROS E CONTRAS DE SER MESTRE

Por Maria Comentarios (1)

Moitas veces facemos comentarios negativos dos nosos profesores porque non entendemos o traballo que imparten e as características que isto leva consigo, hai veces que soamente ó ver como como as súas clases se nos fan aburridas xa non nos caen ben e as tarefas en lugar de vela como unha aprendizaxe, a vemos como un castigo.
Pero en realidade nunca nos puxemos a pensar o que isto implica, o feito de ser mestre é impresionante e como toda profesión ten os seus pros e as súas contras.

Algúns exemplos:
Pros:
-A experiencia de coñecer novas persoas e poder aportarlle algo no ensino faite sentir que estás a facer algo de proveito na túa vida.

-Coñeces a paciencia e aprendes a manexala día a día.

-Indubidablemente se es profesor seguramente amas a túa vocación e facer o que che gusta na vida e a unha das maiores satisfaccións.

-Tes a capacidade de abraiar aos teus alumnos.

Contras:
- A paciencia é importante para o desempeño desta labor.

- Ter que soportar a persoas que non queren aprender ou que lles da igual todo.

-Algúns mestres non toman a profesión con seriedade e as clases que imparten son totalmente desagradables e inútiles para a vida.

-A creatividade que moitas veces lles fai falla aos mestres para crear ideas novas e facer a clase máis divertida.

 

 

Vos que pensades? Poríades máis?

Comentarios

  • Tamara Rey Santos

    A profesión docente segue a ser unha profesión que non conto co recoñecemento que tanto precisa e son moitos os contras que presentan. 

    Eu engadiría a falla de motivación que presentan moitos deles/as así como as fortes adversidades as que teñen que afrontar, na meirande parte delas sen saber como afrontalas. 

    un saudo María :)