A educación e as Sociedades do Coñecemento

Na sesión expositiva do pasado martes, abordamos as competencias necesarias para o aprendizaxe na sociedade do coñecemento. Lendo sobre este tema, puiden observar como se facía referencia a unha distinción entre sociedade da información e sociedade do coñecemento, e como en gran medida a educación era o eixe potencial que contribuía a esta distinción. Atendendo a isto pareceume moi interesante distinguir entre ambos conceptos, e sobre todo entender o papel que debe ter a educación nas novas sociedades.

As novas tecnoloxías teñen un forte impacto na sociedade actual, polo que o ámbito educativo, parte fundamental de toda sociedade, non podía quedar ao marxe da súa influencia.

Nos últimos anos numerosos autores, consideraron a Sociedade da Información, como unha nova sociedade posterior á da industrialización. Esta claro que esta sociedade existe, grazas á revolución das novas tecnoloxías mais debemos ter en conta que esta non é a sociedade á que aspiramos senón que o verdadeiro xermen da nosa década é a Sociedade do Coñecemento.

 Neste senso, a Sociedade do Coñecemento non se queda nos simples “mecanismos para a produción, o tratamento e a distribución da información”(Ballester,nº29) como a Sociedade da Información senón que “inclúe una dimensión de transformación social, cultural, económica, política e institucional, así como una perspectiva máis pluralista e desenvolvida”(UNESCO, 2005). É importante ter en conta que nos atopamos nun momento no cal temos unha cantidade innumerable de información, mais non por iso posuímos coñecemento, é necesario que todos aprendamos a desenvolvernos ante esta información así como sexamos críticos e capaces de saber distinguir entre a información útil e a que non o é.

Polo tanto, a pesar de que o coñecemento se asenta na información, esta por si soa non xera coñecemento. Polo que para acadar a esperada sociedade do coñecemento é necesario levar a cabo dous puntos fundamentais, nos cales a educación xoga un papel primordial:

- “A conversión do coñecementos en factor crítico para o desenvolvemento produtivo e social”. (Ballester,nº 29)

-“O fortalecemento dos procesos de Aprendizaxe Social como medio para asegurar a apropiación social do coñecemento e a súa transformación en resultados útiles” (Ballester, nº 29)

Como podemos observar os novos cambios están proporcionando novas ferramentas e metodoloxías de traballo e aprendizaxe, ás cales nos debemos adaptar e coas que temos a necesidade e o deber de actuar. Polo tanto para facer fronte á sociedade do s. XXI é necesario unha nova educación e unhas novas estratexias posto que, “ unha educación que só prime a memoria e o dominio de determinadas habilidades ten cada vez menos sentido neste mundo complexo e cambiante. Debemos desenvolver nos nosos alumnos habilidades e competencias baseadas na complexidade. O coñecemento mal estruturado, poliédrico e en interacción, a ensinanza baseada en problemas, ou o emprego de estratexias de narratividade, que inviten ao alumno a investigar, dialogar, reconstruír e xerar o seu propio aprendizaxe, relevante e significativo.” (Aznárez y Callejon, 2006)

A educación, así mesmo, non é a única forma de chegar á Sociedade do Coñecemento,senón que un papel fundamental atópase na eliminación da fenda dixital, permitindo o acceso á información de toda a sociedade do planeta, podendo acadar así o termo Sociedades do Coñecemento no cal se engloben os distintos pobos do mundo, coas súas diferenzas particulares pero cunha base común o acceso á información e unha actitude crítica ante ela.

Para rematar, gustaríame saber se creedes que nos atopamos na Sociedade da Información ou xa estamos inmersos nas bases das Sociedades do Coñecemento?. Con todo déixovos unha serie de links nas fontes documentais, nos cales encontraredes máis información sobre o tema, espero vos sexan de axuda.

 

 

Fontes documentais:

Aznárez y Callejon, (2006). La Necesidad de Trabajar con Procesos de Conocimiento y Comprensión Complejos. Escuela Abierta. Núm. 9. 2006. Pax. 181-197. Recuperado o día 13 de marzo de 2013 de http://www.ceuandalucia.com/escuelaabierta/pdf/articulos_ea9/aznarez.pdf

 ROMÁN, P. (2002). El trabajo colaborativo mediante redes. AGUADED, J.I. y CABERO, J. Educar en Red: Internet como recurso para la educación. Málaga: Ediciones Aljibe, S.L. pp. 113-134. Recuperado o día 13 de marzo de 2013 de http://tecnologiaedu.us.es/tecnoedu/images/stories/pedro/2002-colaborativo-aljibe.pdf

 Ballester, J.M. De la Sociedad de la Información a la Sociedad del Conocimiento. Red seguridad. Núm. 29. Recuperado o día 14 de marzo de 2013 de http://www.borrmart.es/articulo_redseguridad.php?id=1486

UNESCO (2005). Hacia las Sociedades del Conocimiento. UNESCO. Recuperado el 13 de marzo de 2013 de http://unesdoc.unesco.org/images/0014/001419/141908s.pdf

Anel Rojas, Y. (2009). Reflexiones en torno a la sociedad de la información y el conocimiento. Recuperado o día 14 de marzo de 2013 de http://pendientedemigracion.ucm.es/info/especulo/numero41/reflesoi.html

Comentarios