Curiosidades!! O pobo Amish

            A continuación, realizarei unha pequena exposición acerca dun pobo que me chamou moito a atención.

            O pobo elexido coñécese como “Amish”, este pode ser considerado coma unha agrupación relixiosa cristiá de doutrina anabaptista, notable polas súas restriccións no uso dalgunhas tecnoloxías modernas, tales como os vehículos motores (coches, motos…) ou a electricidade. Son cerca de 200.000 persoas, principalmente en 22 asentamentos nos Estados Unidos de América, en Canadá e Arxentina.

            Os Amish son un grupo cultural e étnico fortemente unido, descendente de inmigrantes, predominantemente suizos de fala alemá. Creen literalmente no Novo Testamento e “agóchanse” do mundo exterior, defenden o pacifismo e a vida sinxela. Visten coma no siglo XVII ou XVIII. A maioría fala no seu domicilio un peculiar dialecto alto alemán (Deitsch ou «alemán de Pensilvania»), aínda que os autodenominados «amish suizos» falan un dialecto alemán que eles chaman «suizo» (Swiss). Son sólo un dos moitos grupos de «holandeses de Pensilvania», xeralmente de orixe alemán.

            Os Amish son descendentes dos anabaptistas suizos, denominados os «Hermanos Suizos», que tiveron a súa orixe en Felix Manz e Conrad Grebel. O nome «menonita» foi aplicado posteriormente, e proviña de Menno Simons, un líder anabaptista do norte. Simons era un canónigo católico que se convertiu ao anabaptismo e foi bautizado por Obbe Philips, despois de renunciar a súa obediencia á Iglesia de Roma. Foi un líder nas comunidades anabaptistas dos Países Baixos, e a súa influencia chegou gradualmente ata Suiza.

            A maioría das comunidades Amish que se estableceron en Norteamérica non mantiveron a súa identidade orixinal. De feito, a maior parte das comunidades decidiron abandoar eventualmente a súa identidade amish e adquiriron gradualmente a identidade menonita. A división mais importante, que resultaría na pérdida da identidade Amish, ocurriu durante a década de 1860. Durante esos anos, os Amish desenvolveron varias conferencias en Wayne County (Ohio) acerca da maneira na que debían enfrentarse as presións da sociedade moderna.

            Unha das cousas que mais chama a atención dos Amish é a súa resistencia ao uso da tecnoloxía, como xa dixen anteriormente. Non usan automóbiles, teléfonos (usan unhas cabinas de teléfono comunitario, sólo para casos de extrema urxencia), televisores, radio nin auga corrente, entre outras cousas.

            Este pobo ten duas reglas fundamentais. Regla número un: a comunidade Amish non desexa ter unha relación física permanente co mundo exterior. Regla número dous: si algo non é estrictamente necesario, para qué telo ou facelo?.

            Este tema, realmente, chamoume a atención, a inutilidade da tecnoloxía e aillamento do mundo exterior, e pasaseme unha pregunta pola cabeza: ¿Seríamos capaces, na sociedade actual occidental, de vivir sen tódolos adiantos que coñecemos e dos que carece este pobo?

            Por último, anexiono a este documento unha pequena serie de documentais breves, donde poderedes sumerxirvos moito mais dentro deste pobo e saber as súas costumes, vivencias…

 

Espero os vosos comentarios compañeiros, un saúdo.

Comentarios

  • Fernando Marino

    Yo creo que seríamos incapaces, la sociedad en occidente se ha acostumbrado a vivir de una determinada manera y sin esos adelantos tecnológicos estariamos como minimo un tiempo,  "andando sin rumbo".

  • Brais Corral Otero

    Paréceme unha cuestión moi interesante. Por un lado considero que sería posible chegar a unha situación similar, se a conciencia social o permitise. Mentres que dende outro punto de vista, paréceme que sería un cambio a longo prazo, que conlevaría demasiados sacrificios que a sociedade actual non está disposta a asumir.

  • Adrian Bernardez Pintos

    En serio? Viven sen PlayStation? Laughing Agora en serio entendo que poida impactar o avance das novas tecnoloxías e a velocidade coa que o fan, pero de ahí a prescindir totalmente dos novos avances que moitas veces fannos a vida moito máis cómoda e práctica paréceme esaxerado.Non todo o trae o o DemoLaughing.Moi interesante Álvaro!

  • Nerea Bastón Martínez

    A min sempre me chamaron moitísimo a atención, son a antítese do noso estilo de vida. O certo é que eu sería capaz de facelo se no mesmo pobo vivísedes todos vós, así si que podería. Laughing

    Pelotilladas a parte creo que para nós sería realmente difícil sobre todo partindo da situación na que nos atopamos. As veces parece inxusto en certo modo para os nenos que nacen alí e que non elixen esa vida, pero podríanse comparar cos nenos que nacen neste estilo de vida, eles tampoco elixen vivir dependendo da tecnoloxía.

  • Jorge Boga Martínez

    Penso que o vemos dende unha perspectiva moi occidentalizada e capitalista, na que as cousas, o material ten un valor supremo, por así dicilo. Sen embargo, penso que neste caso que relatas, nos atopamos ante outro extremo, é dicir, non queren depender da tecnoloxía e viven co mínimo que necesitan, pero realemente a aplicación da tecnoloxía nas nosas vidas é, en moitos casos, moi positiva, facilitando as nosas tarefas diarias, o desprazamento, etc. En definitiva, opino que non hai unha opinión única posible. Quizáis o ideal sería o punto medio, non ser seres dependentes da tecnoloxía, pero tampouco fuxir dela coma se fose o demo.