A FENDA DIXITAL E O XÉNERO

Tendo en conta a pasada clase expositiva, na que falamos sobre a fenda dixital intereseime por saber máis información sobre ela e sobre  os factores que máis afectan a que exista esta gran separación entre os usuarios.  O factor que máis me interesou foi o de xénero por iso vou realizar esta entrada as causas que provocan as  diferenzas que existen entre homes e mulleres a hora de empregar as tecnoloxías.

Pódese dicir que as mulleres cada vez aproveitan máis o uso das TICs, pero aínda así prodúcese unha fenda dixital de xénero.  Esta fenda non solo se manifesta no número de mulleres usuarias das TICs, se non que tamén na preexistencia de desigualdades estruturais como os orixes da información, a dispoñibilidade dos contidos e a identidade das persoas que os emiten, específicas de xénero que crean barreiras para o seu uso e acceso.

Somos conscientes de que existen estas desigualdades, ¿ pero cales son as causas que o provocan?

En xeral, as investigacións sobre a fenda dixital de xénero, consideran que existen dúas causas, por unha banda as relacionadas coa posición das mulleres no mercado de traballo, e por outra por condicionamentos culturais.

Considerase que as diferentes dispoñibilidades de tempo libre de homes e  mulleres tamén inflúen nas diferenzas de acceso e uso de Internet. En moitos casos debido a que as mulleres dedican as súas tarefas o coidado do fogar e das persoas dependentes teñen menos tempo que os homes para o seu ocio, desenvolvemento persoal e profesional

A introdución das TICs produciuse na maior parte no mercado de traballo. As mulleres evidentemente incorporáronse máis tarde o mercado e ademais hoxe en día sofren unha taxa de desemprego maior. Ademais incorporáronse a sectores non moi rápidos na implantación das tecnoloxías como a educación a saúde ou os servizos sociais. Todo isto provoca un menor acceso as TICs para as mulleres, o que provoca consecuencias: dificultades para o acceso a formación que ofrecen as TICs ata ter maiores dificultades na búsqueda de emprego.

Espero que valoredes isto, e sobre todo que as mulleres loitemos por romper con este problema.

 BIBLIOGRAFÍA:

Las brechas digitales de género. Observatorio e-igualdad, Universidad Complutense de Madrid, 2008.

 Datos del Observatorio e-igualdad (UCM) a partir de INE 2008.