Todo avance é un progreso?

Na clase pasada a profesora de “Tecnoloxía Educativa” formulou unha cuestión á que ninguén dou resposta: Todo avance é un progreso?

            A perspectiva que se nos trasladou na clase, ou polo menos, coa que me quedei, foi que a maioría da poboación realmente pensa que, afirmativamente, todo avance é un progreso.

            Así, dende a miña opinión discrepo totalmente. Dubidamos se a tecnoloxía (que é un avance) nos deshumaniza, nos crea adicción. Entón, no intre no que dubidamos e nos retemos a pensar no porqué dubidamos atopamos razóns de peso polas que podemos contestar á pregunta proposta dun modo negativo.

            Segundo a páxina web da Wikipedia, “El progreso es un concepto que indica la existencia de un sentido de mejora en la condición humana”. Pero, cos avances tecnolóxicos que se están a producir melloramos realmente a condición humana? Hai gran multitude de temas que nos expoñen o polo negativo da cuestión. Sen ir máis lonxe, todo o tema da obsolescencia programada, que xa convertemos nun estilo de vida iso do “comprar, tirar, comprar”, polo tanto, mellóranos isto a nosa condición humana? Ou é que nos crea máis dependencia das tecnoloxías?

            Outro tema é a exposición ó mundo a través da pantalla, tendo numerosas vantaxes como é, o contacto con persoas que están moi lonxe de nós, pero traendo aparelladas outras problemáticas como son o ciberbullying, as mentiras que se expoñen na rede (como se pode observar no programa “Catfish: mentiras en la red”, da cadea de televisión MTV) ou a violencia sexual dixital (sextorsión). Todo isto, sen dúbida, non mellorando a nosa condición humana ó traer consigo problemas que afectan de cheo á nosa saúde psicolóxica ó enganarnos e perder a confianza na sociedade en xeral, e non sendo por tanto un progreso.

            É certo que todo avance posúe as súas vantaxes e os seus inconvenientes, pero se falamos de progreso non podemos dicir que as tecnoloxías o sexan nun senso estrito, guiándonos pola propia definición que recollemos, ó non mellorar totalmente a nosa condición de vida. Verdadeiramente, non todo é negativo, e claro que as tecnoloxías tamén teñen o seu polo positivo, facilitándonos a vida en moitos sentidos (espertador, electrodomésticos, automóbil...). Desta forma, débese sopesar o realmente importante para a nosa sociedade, reflexionar sobre os estilos de vida, relacións e interaccións, modos de pensar que nos ofrecen as tecnoloxías. Como seres sociais estamos en continuo cambio, adaptándonos, “la “presión social”, esta fuerza coactiva, impone su modelo educativo. Si un sistema educativo no se ajusta en cada momento a las condiciones y exigencias de una sociedad, fracasa irremediablemente” (Durkheim, 1975).

            A través da cita extraio que non se lle pode dar as costas á tecnoloxía, debemos educar en, nela e para ela, para que realmente se constitúa como un progreso real. Actualmente estamos creando, dende o meu punto de vista, unha sociedade que compra, tira e volve comprar, sen empatía, egoísta, envidiosa, que engana...sometidos a esa “presión social” da que fala Émile Durkheim. Deste modo, hai que construír un modelo educativo axustado ós esixencias actuais da sociedade e todo canto iso conleva (a tecnoloxía), co fin de que formemos unha comunidade educada, non dependente, autónoma, reflexiva e crítica, que se autoavalíe, para que non esteamos abocados ó fracaso.

 

WEBGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA:

DURKHEIM, E. (1975). Educación y Sociología. Barcelona: Ediciones península.

http://es.wikipedia.org/wiki/Progreso (Consultada o 5 de abril de 2013).