• Blogs
  • silvia
  • ¿Qué información trasnmitimos aos demais a través das imaxes que publicamos nas redes sociais?

¿Qué información trasnmitimos aos demais a través das imaxes que publicamos nas redes sociais?

Na última sesión interactiva debatíamos sobre que ocorría coa información que subimos actualmente  ás redes sociais.

Pois ben, toda a información que publicamos no noso perfil de “Facebook ou Tuenti” non se recupera xamais, xa que aínda que decidamos eliminar a nosa conta, tanto a información como as fotografías que tivésemos ata ese momento, continuarán existindo na rede. 

Despois de coñecer isto, decidín indagar sobre o que ocorre coas publicacións que facemos diariamente a través das redes sociais.  

Así pois, navegando pola rede atopeime cos perigos que ten subir unha imaxe ao Facebook, e que ademais esta vaia acompañada dunha frase que clarifique o que vemos na fotografía.

Este feito que é algo habitual e cotidiano, aporta aos demais máis datos dos que creemos.  Cada vez que sacamos unha foto coa nosa cámara ou teléfono móbil de última xeración gárdanse unha serie de datos (coñecidos como información EXIF) xunto coa nosa imaxe. Estes datos pódense descifrar a través de diversos visores de fotos (ACDSee, IRFanViewer, FastSTone), ou simplemente accedendo ás propiedades do arquivo co explorador de Windows. 

Algúns dos datos que se gardan no EXIF son:

-          Hora e fecha.

-          Posición xeográfica exacta (geoloalización).

-          Nome do propietario da cámara.

-          Marca, modelo e número de serie da cámara coa que se realizou a foto.

Así pois, con só subir unha foto estamos dando información de cómo nos chamamos ou o lugar exacto no cal vivimos. Imaxinemos que vamos de vacacións, e publicamos no Facebook unha frase como “Por fin nos vamos de viaxe durante 15 días”, xunto cunha imaxe na que aparece o salón da nosa casa con moitas maletas.

A través desta publicación, pódense coñecer as coordenadas do noso fogar, e ademais estaríamos dando a entender que o noso domicilio permanecerá baleiro durante 15 días. Información que descoñecidos na rede poden empregar contra nós mesmos, como ocorrería no exemplo anterior, poderían incluso roubarnos, e non seríamos conscientes de que fomos nós mesmos os que informamos aos demais dos nosos pasos, co cal eles poderían actuar sen correr ningún risco.

Sen embargo, indicar que existen diversos programas que permiten eliminar a información EXIF antes de subir unha foto a internet, como por exemplo, a través da páxina web  ICanStalkU.com, onde nos explicar como desactivar estas funcións en diferentes tipos de aparatos.

Coñecer esta información é moi importante, xa que nos permite subir á rede información na que non vaian implícitos os nosos datos persoais, algo realmente importante, pois nunca se sabe o que pode ocorrer na rede.

Por iso é importante que dende os centros educativos se ensine aos nenos e adolescentes non só os beneficios de empregar as TIC, senón tamén os perigos das mesmas, para que deste xeito, as utilicemos correctamente, sen expoñernos a que información que publicamos que volva contra nós.

Para rematar, déixovos algúns enlaces moi interesantes respecto ao tema tratado nesta entrada:

http://es.finance.yahoo.com/blogs/fintechnologiayredeses/el-peligro-oculto-subir-fotos-internet.html

http://redticos.net/blog/marcos-f/peligros-fotos-en-redes

http://www.20minutos.es/noticia/1029398/0/geolocalizacion/smartphones/privacidad/

Comentarios

  • Berta Varela Garcia

    Boísima entrada SilviaSmile. A verdade é que xa tiña constancia do que se comentou en clase, non coñecía a información que nos expós como os visores ou a información EXIF, pero en xeral tiña esa conciencia dos riscos que supón subir unha foto e, ademais comentar algún tipo de aspecto como ben exemplificas "Por fin nos vamos de viaxe durante 15 días”. Porén, é bo que se repitan unha e outra vez os perigos ós que estamos expostos, sobre todo, como ben comentas, ós nenos e adolescentes, como unha labor que saia do colexio, para non baixar a garda en ningún intre, e reflexionar sobre o que publicamos ou non publicamos na rede.

  • Beatriz Lopez Muniz

    Moi boa aportación Silvia. Non tiña coñecemento de que isto fose así, pero visto que estamos na era da tecnoloxía cada vez quedame máis claro que todo é posible.

    Pensaba que unha vez que eliminabas a túa conta non era posible acceder a túa información persoal, fotos... pero polo visto estaba equivocada. 

  • coral lopez lozano

    Gustame moito que alguén aborde este tema da maneira que ti o mostras e con exmplos tan clarificantes, posto que ata o momento naide tratara estes contidos. Estou totalmente de acordo co que comentas, e a verdade non sabía da existencia da información EXIF, o que sí e certo é que si sabía das posibilidades de localización das persoas a través dos dispositivos móbiles. Aínda que xa coñecía os riscos que ten subir contidos á rede, cada vez estou máis segura de que debemos controlar moito máis todo o que facemos na rede.

  • Nuria

    Moi interesante e útil o que aquí pos, xa que practicamente todos nós temos máis dunha rede social e non somos conscientes do que supón "Acepto todas las condiciones" sen ler nin pensar...

    A verdade, teño certo temor ao que todo isto poida supor...