Reflexión sobre a búsqueda de información en internet

 

Na clase interactiva de hoxe podemos dicir que vimos "un mundo fora de Google". Un mundo no que temos numerosos buscadores e secadra que nos levan con mellor exactitude ao que queremos buscar.

Hai numerosas formas de obter a información que buscamos en internet:

  • Mediante Metabuscadores: utiliza varios buscadores á vez. Por exemplo: dogpile, Yippy, metacrawler, ixquick...
  • Aplicación de símbolos como as comillas ("") ou o asterisco (*)
  • Aplicación dos operadores boleanos (and, or, not)
  • Motores de búsqueda como Google, yahoo, etc
  • Introducción de palabras clave
  • Búsqueda avanzada
  • Buscadores Xerárquicos: son unha guía de directorios nos que se vai da información máis xeral á máis categórica. Listan lugares e clasificaos en categorías.
  • Buscadores en Tooblar: instálase de forma predeterminada como unha barra de búsqueda e soe vir como complemento en certas instalacións.
  • Buscadores especializados: tratan temas específicos.
  • Buscadores de noticias (cunoticias.com)
  • Buscadores de archivos
  • Buscadores de buscadores (buscopio)
  • Sildeshare: contén diapositivas que trata sobre temas específicos que outra xente comparte
  • Dialnet: búsqueda de revistas educativas
  • Folcsonomia:forma de catalogación de enlaces de manera colaborativa. Por exemplo: delicious
  • Diigo: sistema de gardar e catalogar a información persoal de maneira privada ou pública na red

En definitiva, hoxe analizamos numerosos métodos de busqueda de información que nos permiten chegar a ela de maneira máis específica e secadra de maneira máis eficaz. Foi unha clase na que aprendimos bastante, fóra da nosa búsqueda en google.