• Blogs
  • silvia
  • Cómo mellorar a nosa busca de información na rede

Cómo mellorar a nosa busca de información na rede

Despois das últimas sesións interactivas é importante reflexionar sobre se o método que utilizamos para buscar información na rede é correcto, ou se pola contra, deberíamos melloralo. 

Na primeira sesión, pedíasenos que buscaramos información sobre “como se implantaron as TICs nos centros educativos”. Unha vez que encontraramos a información desexada debíamos gardar os links, e tamén anotar as palabras clave que puxemos no buscador para chegar a información que nós considerabamos válida.  

Na posta en común, vimos que a maior parte dos compañeiros empregaramos o buscador de Google, aínda que tamén se empregou o Google académico ou Yahoo. Así pois, comprobamos que non so debemos utilizar un único buscador, senón que debemos empregar diversos buscadores coa finalidade de constrastar a información encontrada. 

Tamén comprobamos que para nós a información que ten maior validez procede das páxinas de organismos públicos, como a páxina do ministerio de educación ou da Xunta de Galicia.  

Por último, dicir que non todos puxemos no buscador as mesmas palabras, senón que algúns compañeiros optaron por poñer palabras soltas, e outros frases completas. Pois ben, se utilizamos frases completas aparécenos un menor número de resultados, o cal nos facilita a busca, posto que polo xeral so soemos acceder aos resultados que nos apareceren nas primeiras posicións. 

Ademais, é importante empregar distintos operadores, coa finalidade de obter información máis precisa. Algúns dos operadores que podemos utilizar son: AND, NOT, OR, así como os signos + e -.

Por outro lado, na segunda sesión interactiva falamos de diversos aspectos, por un lado, os criterios que debemos ter en conta para saber se a información á que accedemos é correcta, e, por outro, os diversos buscadores que actualmente existen na rede.

Respecto dos criterios aos que temos que atender para saber se a información buscada é correcta son os seguintes:

-          Autor da páxina. Comprobar se aparece na mesma o seu autor, e se é posible algún tipo de contacto co mesmo.

-          Exactitude da páxina.

-          Obxectividade, isto é, o obxectivo e propósito que persegue a páxina, así como a profundidade da información presentada.

-          Actualidade, vendo cando se fixo a páxina, a última actualización da mesma, así como comprobar se os enlaces presentes na mesma están actualidades ou pola contra, xa non é posible o acceso aos mesmos.

-          Cobertura, comprobando se a información se cita correctamente, así como se a información pode verse sen problema algún, ou se pola contra, está limitada por cobros ou porque é necesario descargar un software específico para a súa visualización.

 Por último, facer referencia aos diferentes multibuscadores e metabuscadores que existen actualmente. Os metabuscadores máis habituais son dopgpile e Ixquick e multibuscadores Yippi.

Tamén fixemos referencia aos buscadores de noticias, como Cunoticias, o cal nos permite estar informados de todo o que ocorre no mundo mediante o acceso a diversas noticias actualizadas.

Finalmente, accedemos á páxina de delicious, que é un servizo de xestión de marcadores sociais na web. Permite almacenar sitios web e compartilos con outros usuarios.

Despois destas dúas clases puiden comprobar que a miña busca de información na rede non era correcta, xa que sabía que existían diversos buscadores como Yahoo ou Google académico, pero descoñecía a existencia dos metabuscadores e multibuscadores. Ademais, tampouco utilizaba operadores, que me axudarían a buscar información máis precisa na rede.

Considero, que moitas veces accedía a internet sen saber exactamente a información que quería encontrar, senón que máis ben ía accedendo a través de distintos enlaces á información que finalmente quería, e isto, debíase a un descoñecemento dos diferentes recursos que son de gran axuda para buscar información na rede.

Por último, indicar que respecto dos criterios, si que considero que os teño en conta á hora de seleccionar información dunha páxina, xeralmente comprobando a actualización da mesma ou o seu autor.