Nun futuro traballaremos dende a casa ou como dende sempre?

Pensando un pouco sobre como desenvolveríamos o noso traballo no futuro decidín elaborar a presente entrada.

            Así, dende o meu punto de vista considero que nun futuro existirán (dentro das posibilidades) máis persoas que desempeñen o seu traballo dende a casa (teletraballo) que dende a propia empresa para a que traballan. Deste modo, realicei unha pescuda sobre as vantaxes e inconvenientes deste modo de traballo:

Vantaxes para o traballador:

  • Maior flexibilidade no horario laboral.
  • Maior autonomía, mobilidade e liberdade.
  • Maior produtividade (inexistencia de horas mortas no traballo, por exemplo).
  • Integración laboral das persoas con discapacidade.  
  • Contacto máis estreito coa familia (compaxinar a vida laboral coa familiar e doméstica).
  • Aforro económico e de tempos (menos desprazamentos, o que leva asociado a redución do estrés).
  • Menor contaminación ambiental.

Vantaxes para a empresa:

  • Incremento da flexibilidade, tanto interna como externa.
  • Redución do absentismo laboral.
  • Diminución dos custes fixos das empresas (menos espazo nas oficinas, aforro de luz, enerxía, transportes, aluguer e equipamento de oficina).
  • Maior produtividade (implantación do traballo por obxectivos ou por resultados).
  • Redución dos problemas de convivencia entre os traballadores.
  • Favorecemento da expansión xeográfica da empresa.

Inconvenientes para o traballador:

  • Soidade, falta de apoio e menor comunicación (perda de motivación, valores de equipo e ganas de traballar).
  • Carencia de ambiente laboral e relacións sociais.
  • Diminúen as prestacións e proteccións sociais ó traballador.
  • Sentimento de inseguridade laboral e social (inexistencia dunha normativa específica).
  • Sedentarismo (menos movemento).
  • Dificultades para desenvolver a autodisciplina e organización por parte do traballador.
  • Formación continua nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
  • Risco dunha intromisión das responsabilidades familiares no traballo.

Inconvenientes para a empresa:

  • Menor índice de produtividade debido ó illamento dos traballadores.  
  • Diminución dos contactos persoais (inexistencia dunha cultura empresarial).
  • Dificultades para motivar ós traballadores a distancia.
  • Menor identificación coa empresa por parte do traballador.
  • Difuminación das xerarquías na empresa (faltas de lealdade por parte dos traballadores).

            Aínda que é certo que existe un número semellante de vantaxes como de inconvenientes do teletraballo para os traballadores e a propia empresa, dende a miña opinión observo que a comodidade está xa inmersa na nosa sociedade, e que, polo tanto moitos de nós nun futuro optaremos polo traballo dende a casa. Así, o traballo adaptarase á nosa vida, non nós ó traballo, incrementando a nosa calidade de vida se se xestiona e se organiza ben o traballo a distancia.

            Deste modo, aínda que melloraremos en moitos sentidos, dende a miña óptica, considero que a nosa sociedade mudará completamente, porque xa non existirán tantos contactos coas persoas, só cos membros da nosa familia, xa que como ollamos no noso día  a día, o noso tempo de lecer ocupámolo nas redes sociais, e neste senso, o tempo de traballo tamén o empregaremos coas tecnoloxías, non establecendo ningún contacto cos nosos compañeiros de traballo ou amigos. Construirase unha sociedade individualista, carente de valores bos e sentimentos como a empatía, o noso entorno estará liderado pola tecnoloxía, polas máquinas.

            Para rematar, dicir que, é certo que gañaremos en eficacia e nunha boa calidade de vida no que a traballo se refire, pero realmente estamos falando dunha boa calidade de vida cando o noso contacto diario é máis con máquinas que con persoas? Ó fin remataremos pensando como máquinas...

 

WEBGRAFÍA:

http://empresariados.com/ventajas-e-inconvenientes-del-teletrabajo/ (Consultada o día 18/04/2013)

http://www.informe-teletrabajo.com.ar/ventajas-desventajas.php (Consultada o día 19/04/2013)

http://www.ideatrabajo.com/argentina/teletrabajo/teletrabajo-ventajas-y-desventajas.html (Consultada o día 19/04/2013)

Comentarios

  • Talia Rodriguez Arribas

    Es una buena reflexión de cara al futuro ¿Serán las máquinas las protagonistas en nuestras vidas? Yo, personalmente pienso igual que tu. Creo que con el teletrabajo podremos aumentar nuestra calidad de vida, ya que seguramente no supone unos horarios fijos y te podrás organizar tu a lo largo del día como lo veas necesario, pero también tiene inconvenientes. Algo muy importante, es como tu mencionas, el no tener relaciones sociales con tus compañeros de trabajo, que muchas veces llegan a ser grandes amigos al pasar tantas horas juntos. Además el ejercicio que haríamos llendo al trabajo también disminuirá considerablemente, ya que si te quedas en casa sentado en una silla no te tienes que mover ni la mitad que si fueras al trabajo.

    Por todo ello, pienso que realmente necesitamos movernos, relacionarnos con la gente y que mejor sitio que en el trabajo. Bien es cierto que hay que tener en cuenta la situación personal de cada persona, ya que habrá personas que, por ciertas circusntancias no puedan hacer otro trabajo que no sea en casa por lo que para ellas es un avance muy grande, ya que están en casa y a la vez ganan dinero.

  • coral lopez lozano

    Considero que este tema merece unha clara reflexión. Estou totalmente de acordo con vos en que seguir este modelo de traballo nos aportará unha mellor calidade de vida.Con todo e como comentades un dos principais inconvintes é non ter relación cos compañeiros. Por outro, como apunta Berta, ao principio dos inconvintes para a empresa, o menor índice de produtividade, non estou totalmente de acordo con este dato. Non teño datos que aporten o contrario, mais considero que a produtividade non se mermará, en tal caso podería incluso incrementarse de verse melloradas as condicións do traballador, ou iso é o que creo. Esta claro que a produtividade está unida á situación que presente o traballador, por tanto o traballo no fogar e tendo en contas as melloras que suporía, entendo non ten porque afectar a este punto.

    Aínda así estou contigo en todo o que apuntas, e considero que un illamento total do traballo non sería bo, posto que como ben apuntades as relación sun eixe fundamental na formación e na vida das persoas, co cal non se deberían ver mermadas.

  • Berta Varela Garcia

    Por unha banda, Talía, considero que como dis esas persoas que non poidan desempeñar outro traballo sen ser dende a casa, é un aspecto moi favorable, porque os estaremos integrando. Porén, como explico ó longo da entrada e como tamén comentas, as persoas precisan da relación "y que mejor sitio que en el trabajo".

    Doutra banda, Coral, segundo as fontes de información procuradas (mirar links) e tamén dende a miña opinión, penso de xeito contrario ó que comentas sobre o incremento da produtividade na empresa debido ó illamento dos seus traballadores. Dende a miña óptica aumentará a produtividade na empresa se se traballa en equipo, porque combinaranse múltiples perspectivas dos diferentes empregados. Porén, se se traballa de modo individual, un traballador non aprenderá aspectos que desenvolve outro empregado, e polo tanto isto afectará de cheo á produtividade da empresa ó non existir a innovación e as novas ideas naquilo que realicen.

  • Jorge Boga Martínez

    Estou moi de acordo con vos no referente á necesidade humana de realacionarse con iguais, polo tanto vexo positivo os encontros no espazo laboral, pero considero positiva a opción de trabllar dende a casa. Quizáis o ideal sería unha xornada intermedia, incluso podería contribuír a unha mellor conciliación familiar.

    En canto á productividade, penso que non melloraría ó realizar o traballo na casa, en cambio, opino que se incrementaría se ós espazos e horarios laborais fosen máis flexibles.

  • Berta Varela Garcia

    Moi boa idea a da xornada intermedia Jorge Smile, xa que habería unha converxencia entre as dúas posturas. Unha situación similar ó que acontece no b-learning, unha mixtura, na que podes sacar sempre os aspectos positivos e vantaxosos de ambos posicionamentos.

    Grazas polos comentarios!