As búsquedas na rede (sesións interactivas)

Neste texto falarei do aprendido nas dúas últimas clases interactivas sobre o tema das buscas de información na rede. Estas clases resultaron bastante interesantes no relativo ao adestramento das nosas capacidades para conseguir información fiable na rede, xa que personalmente, as miñas habilidades ao respecto son bastante escasas, a pesar de ter cursado a materia de Documentación fai dous anos. Dese xeito, descubrín primeiramente que as miñas habilidades para a busca de información fiable e precisa na rede non eran tan aceptables como eu pensaba, de modo que me din conta de que necesitaba mellorar as miñas habilidades de busca de cara a poder buscar información do xeito máis eficiente.

Primeiramente, procuramos na rede políticas de integración das TIC na aula, para poñer posteriormente en común a información obtida. Foi nesta posta en común onde nos decatamos de algo importante: a maioría de nós usabamos o mesmo buscador (Google) e dado o volume de páxinas atopadas, soamente revisábamos as dúas primarias. Dándonos conta do limitado do noso sistema de búsqueda, para a seguinte clase encomendousenos a procura de información máis seleccionada.

Así, na seguinte clase, procurei usar outras ferramentas, como Google Académico ou o buscador de noticias de Google (sempre Google...), con resultados non moito máis satisfactorios. Porén, nesa sesión, aprendimos a usar ferramentas como metabuscadores, multibuscadores (dogpile, metacrowler...), ou buscadores de buscadores. Con estes os datos atopados foron moito máis precisos, máis acotados, co cal a información obtida foi moito máis manexable.

En definitiva, considero que o traballado nestas dúas sesións foi de grande interese, xa que nos permiten mellorar a nosa busca de información, o cal resulta vital, non soamente á hora de realizar traballos académicos ou proxectos, senón tamén para a nosa busca de información diaria, a nivel de dúbidas para satisfacer a nosa curiosidade, ou simplemente informarnos mellor no relativo á actualidade.