Proxecto Mentor: e educación a distancia na formación de persoas adultas

 O proxecto Mentor é un proxecto desenvolvido polo Ministerio de Educación de España, o cal está orientado á promocionar a aprendizaxe ao longo da vida. O programa ten por obxectivo mellorar, mediante o uso de novas tecnoloxías da información e a comunicación, a cualificación e o nivel cultural das persoas adultas, así como promover a súa mellora en diversas capacidades.

 

Este proxecto baséase no uso das chamadas Aulas Mentor, que son aulas físicas dotadas de equipo informático e conexión á rede. Pero tamén nunha plataforma virtual de estudo e comunicación, a cal está deseñada polo propio Ministerio. Durante a formación, o alumno é guiado tanto polo titor (especialista na materia en cuestión que esté a cursar), como polo Administrador, que é quen xestiona e orienta en relación aos recursos da aula. En relación aos cursos, estes son de moi variada índole, habendo cursos relacionados con temas de informática, saúdes, medios audiovisuais, idiomas, electrónica, etc.

 

Segundo o autor, a tecnoloxía axuda, neste caso a "ahorrar costes y tiempo, sustituyendo a la educación presencial" (Barrio, 2008). Deste modo, a tecnoloxía constitúe un modo de facilitar a formación do alumnado, aínda que tamén cabe plantexarse se este aforro de tempo e finanzamento perxudica ou non a formación.

 


Dentro deste proxecto, considero que a tecnoloxía non é imprescindible, si ben facilita moito a formación, xa que ao poder traballar dende casa, os alumnos poden axustar perfectamente esa formación á súa dispoñibilidade de tempo. (Bates, 1999)

 


Na miña opinión o enfoque que se lle da á tecnoloxía é o de facilitadora da formación, facéndoa máis economómica e "eficiente". Ao meu parecer ese "eficientismo" (tan común no paradigma neoliberal) ten un perigoso doble filo, xa que pode, en caso afectar moi negativamente á calidade do proceso educativo. É o ideal incentivar a educación a distancia? Na miña opinión soamente se debería recurrir a esta en casos en que a presencial non fora posible, ou fora dificultosa, mais coido que dificilmente pode existir unha tecnoloxía capaz de superar a capacidade de ensinar dunha profesora ou profesor ben formado. Porén, a tecnoloxía, en casos como o deste programa, pode actuar de importante elemento facilitador á hora de axustarse ás necesidades concretas do alumnado.

 

Bibliografía:

 

Barrio de la Puente, Jose Luis (1999) La formación telemática en la educación de adultos: el proyecto Mentor. Madrid: Universidad Complutense

 

Bates, A.W (1999) La tecnología en la enseñanza abierta y la educación a distancia. México: Trillas,