O PLE.

Nunha das sesións expositivas tratadas ao longo do cuatrimestre mencionouse e traballouse o tema do PLE. Nesta entrada gustaríame reflexionar sobre o propio concepto e o que este implica.

O PLE ( Personal Learning Environment) ou entorno persoal de aprendizaxe é un dos conceptos que concita maior interse e debate nos circulos da tecnoloxía educativa. É un producto da confluencia de diversos factores entre eles a xeralización do uso das ferramentes e os servizos da Web 2.0 en todos os niveis educativos e modalidades. Sen embargo, a xuizo de diversos autores non se trata dun sistema tecnolóxico senon dun novo enfoque sobre como podemos usar as tecnoloxías da información no aprendizaxe tanto na formación inicial como ao longo do ciclo vital.

Os entornos persoais de aprendizaxe son sistemas que axudan aos estudantes a tomar o control e a xestión do seu propio aprendizaxe o que inclue a fixación dos propios obxectivos, a xestión do aprendizaxe ou a comunicación con outros durante ese proceso de aprendizaxe.

Tendo en conta todo o anterior, podemos definir o concepto de PLE como todo conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que toda persoa utiliza para aprender. É dicir, o PLE dunha persoa esta formado por todas aquelas ferramentas que cada individuo utiliza para formarse e aprender xunto coas relacións que establece con esas ferramentas, máis as persoas que interveñen en todo proceso de aprendizaxe son uns axentes fundamentais a incluir no PLE. Neste sentido podemos incluir as persoas de referencia ademáis das relacións que con elas se dan.

Seguindo a idea de Atwel, podemos dicir que o PLE se configura en torno a consecución de tres principios básicos para o ser humano: leer, reflexionar e compartir polo que as estratexias e as ferramentas usadas serán de tres tipos en función de cada un dos principios: estratexias e ferramentas de lectura, de reflexión e de relación.

Usando unha terminoloxía máis tecnolóxica:

  • de acceso a información: formada por todas aquelas ferramentas que usamos para obter información, paxinas web, repositorios.
  • de creación e edición de información: neste grupo estarían todas aquelas ferramentas que usamos para a creación de información.
  • de relación con outros.

O PLE é un proceso dinámico e activo, é dicir, as influencias e conexións as que se vé exposta unha persoa avanzan e cambian a medida que a persoa se vai facendo maior e se desenvolve en diferentes contextos. Neste sentido podo dicir que o meu PLE non é o mesmo que o de agora. Existen elementos común como a familia, ou o grupo de amigos que siguen sendo os mesmos ( a pesar que este último grupo aumentou) pero as ferramentas e os recursos que usaba hai uns anos para obter información non teñen que ver coas que uso agora. En difinitiva, o PLE é todo aquilo que nos vai formando como persoas, que vai concretando os nosos aprendizaxes e nos fai crecer día a día tendo en conta todo aquilo que nos rodea e que por conseguinte ten influencia en nós mesmos.

 

 

Webgrafía:

http://cent.uji.es/pub/sites/cent.uji.es.pub/files/Adell_Castaneda_2010.pdf

http://www.slideshare.net/jarinconc/ple-15396622