Vídeo sobre adaptacións curriculares para nenos con autismo.

O outro día na aula estivemos a comentar que un dos saberes relacionados co currículum que precisa ter o asesor é o proceso de elaboración de adaptacións curriculares, e as súas características para así poder axudar ós mestres na elaboración destas.

Buscando información sobre isto, encontrei un video da Asociación de Pais de Nenos Autistas de Baleares, que nos expón claramente como son as pautas que debe recoller unha adaptación curricular para nenos con este trastorno. O video ten unha primeira parte que defende a inclusión destes alumnos nos centros educativos ordinarios e presenta un exemplo de escola inclusiva con nenos autistas. Este é o enlace da primeira parte do video: 

.

A segunda parte do video céntrase na definición do concepto de adaptación curricular e as súas variantes, os obxectivos destas en ralción co autismo infantil, contidos específicos e as pautas de aprendizaxe básicas para traballar con estes alumnos. Este é o enlace do segundo video: 

Dende o meu punto de vista, este video reflexa moi ben a sensibilidade que han de ter as persoas dedicadas á educación á hora de elaborar adaptacións curriculares para nenos con autismo, e todo o que aquí se presenta é perfectamente traducible a calquera tipo de dificultade que nos encontremos nun centro educativo. 

Deste modo concluio que o asesor nun centro educativo debe tomar en consideración moitas das pautas que aquí se presentan para axudar ós mestres a realizar as adaptacións curriculares necesarias con calquer alumno, sempre dende unha perspectiva inclusiva no contexto escolar e social no que nos encontramos.