Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Clase do mércoles 25 de septembro de 2013

Nesta sesión o que fixemos foi unha división en dúas partes claramente diferenciadas.

A primeira de elas consistiu na explicación por parte da profesora sobre o portafolios, quedando definido este como " unha recompilación de evidencias ( documentos diversos, viñetas, artigos prensa, publicidade, programas, traballos, páxinas web, notas de campo, diarios, relatos, etc), considerados de interese para ser gardados polos significados con elas construídos" Esta definición, cabe destacar que for elaborada pola profesora Lourdes Montero, no ano 2002.

Para que todo quedase o máis claro posible,  explicounos que por evidencia enténdese todo aquilo que se recolle porque ten sentido para nós. as evidencias non se dan, constrúense.

Outra definición presentada foi a exposta por Schulman en Lyonns, 1999: 18, na que se explica o portafolios didáctico como a historia documental estruturada dun conxunto (coidadosamente seleccionado) de desempeños que recibiron preparación ou titoría, e adoptan a forma de mostras do traballo dun estudante que so alcanzan realización plena na estrutura reflexiva, a deliberación e a conversación.

Algo que tamén se expresou na clase e que me gustaría resaltar é que o portafolios ten unha dobre función. Por unha banda, a de recoller e reflexar as experiencias máis significativas dunha persoa de forma continuada. E, por unha banda,a de informar sobre o nivel de competencia e de outras experiencias importantes ao longo da súa aprendizaxe ou da súa carreira.

Engadir que non hai unha única maneira de entender o portafolios xa que a súa definición depende da concepción de ensinanza, aprendizaxe, avaliación e coñecemento.

Falamos tamén dunha serie de partes que debería ter todo portafolios, o que nos serve para poder entregar o noso da maneira máis organizada e estruturada posible. Para isto, teremos que seguir unha serie de fases (adaptado de Cano, 2005) como son:

  • Recompilar, seleccionar, articular.
  • Describir, sistematizar, contextualizar.
  • Profundizar, construír, valorar.
  • Replantexar, transformar, emprender.

Todo isto pode parecer complexo así presentado nun primeiro momento pero, unha vez reflexionado sobre o portafolios doume conta de que todos os pasos a seguir e a maneira de construílo presentado pola profesora é algo moi necesario e de grande axuda.

Dicir que eu so tiven nunha ocasión un pequeno contacto cun portafolios, pero non entendido desta maneira, xa que nunha materia de maxisterio, logo de terminar todas as prácticas realizadas o que fixemos foi agrupalas nunha especie de ficheiro ao que denominamos portafolios por incluír nel unha pequena reflexión e valoración crítica de todas e cada unha das prácticas realizadas.

Considero polo tanto, que todo ese proceso de elaboración que esixe presentar un portafolio vaime axudar a coñecer realmente a utilidade que pode chegar a ter un instrumento como este.

O que fixemos a continuación, e deixando aparcado por un momento o portafolio, foi presentar os bloques temáticos a tratar na materia.

Os bloques presentados foron os seguintes:

  • Bloque temático 1:  Psicopedagogos/as e contextos de asesoramento.
  • Bloque temático 2:   Profesores/as e asesores/as ¿con quen e para quen?
  • Bloque temático 3:  Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curriculas na atención á diversidade.

O primeiro dos bloques persoalmente paréceme moi interesante como acercamento e presentación do concepto asesoramento tratando aspectos como os seus tipos e modelos, as medidas de atención á diversidade, o perfil do psicopedagogo/a, etc.

O bloque 2 será tamén de grande interese para min debido especialmente a un aspecto en concreto como é o punto no que trataremos a colaboración entre os profesores/as e os asesores/as, que é algo que esperta curiosidade en min.

Por último, con respecto ao bloque 3 dicir que penso que estará especialmente relacionado coa miña vocación de ser mestra debido a aspectos que se van tratar como os proxectos curriculares, as programacións de aula, os programas de diversificación curricular, etc.

 

Pasando agora  á segunda parte da sesión dicir que a dedicamos a unha práctica sobre o primeiro dos bloques a tratar. A pregunta lanzada foi: Que entendemos por asesorar?

Para levala a cabo o que fixemos foi en pequenos grupos, durante aproximadamente 20-30 minutos, tivemos que dar resposta ás diferentes preguntas propostas pola profesora. As preguntas eran as seguintes:

  • Os escenarios nos que se pode levar a cabo asesoramento.
  • Actividades que desenvolver o asesor/a.
  • Que entende o grupo por asesorar.
  • Si podemos falar da profesión de asesor/a e cal sería a formación requirida.

Comezar a introducirnos neste primeiro bloque desta maneira pareceume algo moi adecuado, debido a que así partimos das nosas ideas previas, e indagamos información pola rede para despois aumentala con todos eses coñecementos que a profesora nos presente e así poder comparar o noso punto de partida co punto de chegada, é dicir, a diferenza entre os coñecementos ao rematar cada un dos bloques e os previos que xa posuíamos.