Diario **mércores 9 de outubro**

Na sesión de clase deste día, comezamos comentando unhas cuestións relacionadas co concepto ou significado de asesoramento, na que se recolleron diferentes definicións aportadas pola profesora, que tamén foron recollidas nalgunhas das acepcións aportadas polos grupos de traballo, na tarefa 1.

O asesoramento neste sentido, sempre vai ter cuestións “borrosas”, xa que o seu concepto é moi diverso e complexo de definir, pois é un campo moi amplo, no que se dan cabida numerosos listados de verbos tales como “participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar, capacidades, equipo, axudar, desenvolver, mellorar, actuar, resolver problemas, guiar, axudar a tomar decisións, identificar puntos fortes e débiles, seguimento, procesos, actuar con honestidade (a ética do asesor/a), asesorar para mellorar, ... entre outros.

Polo tanto, debemos dicir ó respecto, que non é unha tarefa limitada, senón que a configura este conxunto de verbos anteriormente mencionados, que si están indicando accións onde se recollen múltiples capacidades para os diferentes ámbitos nos que se queiran aplicar esta labor.

Así, xorde a necesidade de darlle un significado claro e conciso o que sería o asesoramento. Seguindo a Fernández (1997), a función do asesoramento pode definirse como unha operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias) en comparación cun modelo e indicación de proxectos de acción. Desta definición, podemos concluír que consiste nun proceso diagnóstico, de análise dunha carencia e, por tanto, de algo que non hai, aplicando un modelo determinado e cunha proposta proactiva, é dicir, cun plan de acción para saír hacia á solución.

Dificilmente podemos entender unha definición independientemente do seu contexto. Polo que é necesario clarificar que, a definición de Lidia Fernández, ten un enfoque institucional, polo que ten o compromiso de integrar nunha institución  o asesoramento co fin de mellorar a mesma, tanto nas súas dificultades e problemáticas como na súa necesidade de depender da labor asesora.

É quizais un pouco diferente á seleccionada por nós (nos grupos de traballo de clase), aínda que cabe ter en conta que todas elas se complementan ou comparten algunhas características:

ü  Identificación do problema.

ü  Fundamentación nun modelo de intervención ou de asesoramento.

ü  Mediante unha proposta de acción.

Ademais, tamén debemos constatar con esta, outras definicións como por exemplo, unha definición que algúns dos grupos de clase tomaron, seguramente extraída dalgún autor: “o asesoramento é unha interacción en dous sentidos, un proceso de buscar, dar e recibir, axudar. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto de posibilitar a súa seguridade de solventar problemas e realizar esforzos de cambio (Lippit y Lippit, 1986:1).

Deste xeito, continuamos vendo como nas diferentes definicións aportadas referidas ó asesoramento, dalgunha maneira ou outra, séguense a recoller os verbos que o caracterizan: “orientar”, “axudar”, “buscar”,.. (son verbos intransitivos). As accións que describen non teñen un obxecto directo. Neste caso, trátase de actividades educativas dirixidas a alguén (profesores, familias, alumnado, educadores, monitores, etc.) alguén que, a súa vez, debe promover actividades de ensino-aprendizaxe na outra persoa.

Neste sentido, xurdiu o debate de clarificar si a labor do asesor está considerada unha profesión ou unha función? o cal xa se referiu en sesións anteriores. Para tal aspecto, unha compañeira clarificou brevemente esta dúbida mediante a investigación que a mesma levou a cabo aportando que, en diferentes fontes, se mostra que no ámbito educativo aparece defendida como un rol mentres que noutros campos se considera máis como unha profesión. En realidade, equipárase indistintamente a un campo semántico no que non se diferenza. Polo que a formación dará lugar ó coñecemento do campo específico o que se vai a aplicar (por exemplo, no caso da ámbito educativo, a persoa se especializa para a súa labor orientadora).

Así mesmo, na páxina do Ministerio de Educación, no apartado de “competitividade e economía”, recóllese que se caracteriza como “unha profesión regulada”, a cal se define como unha actividade ou conxunto de actividades profesionais para cuio acceso a exercicio se esixe directa ou indirectamente un título para exercer tal fin. Este título será recoñecido a nivel ou ámbito europeo (no espazo europeo de educación superior). É dicir, o título ou acreditación é o que permite a acción do asesor. Esta acreditación non pode ser calquera senón que se levará a cabo nun centro de ensinanza superior ou universidade.

A conclusión que ata este momento chegamos foi que, de momento, si que existe unha profesión que se denomina “staff” (“personal”), a cal facilita as decisións, liberan os directivos de cuestións que lles poida restar tempo, … accións todas elas nas que se exerce a función de asesor/a.

Esta interacción que se recolle en todas elas, fai referencia a unha situación bidireccional que serve como situación de axuda, o que non quere dicir que se estea levando a cabo profesionalmente, senón que se pode dar en calquera faceta da vida (no ámbito político, educativo, familiar, social, etc.), como xa se comentou.

Seguindo co significado de asesoramento, e esta vez adentrándonos na súa profesionalización, neste caso no ámbito educativo, parece ser necesario que deba haber un consenso n a actividade de asesoramiento educativo, para a cal, debe nacer dunha actitude de colaboración (Moreneo e Pozo, 2005:15).

En canto a este aspecto, cabe mencionar que neste momento se fixo un paréntese e a mestra amosounos un documento dunha alumna desta mesma titulación do pasado ano, no que se preguntaba cal é a liña divisoria dun experto ou inexperto?. Neste documento comentábase a pretensión de dar a entender que non existe experto na nosa profesión, pois así se daba a entender nunha das publicacións que esta alumna analizou, concretamente en “elperiódico.com”, onde se fai unha reflexión da autora Elvira Lindo sobre educación e sobre a profesión do psicopedagogo, en certo modo desvalorizándoa.

En conclusión desta sesión teórica podemos mencionar que, o asesoramento como función ou profesión, é un servizo indirecto que ten lugar entre profesionais dun estatus similar (simetría-asimetría) e soe ser iniciado polo asesorado, quen ten total liberdade para aceptar ou  rexeitar os servizos en calquera momento. Involucra o asesor/a e o asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa que se configura polas seguintes metas para o asesor/a:

-          Ofrecer un punto de vista informado.

-          Axudar á mellorar destrezas de resolución de problemas.

-          Axudar á incrementar a liberdade de elección de acción do asesorado.

-          Axudar ó asesorado nas eleccións feitas.

-          Incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes (Aubry, 1990:3, adaptado).

 

Na segunda metade da sesión, abriuse un pequeno debate sobre as seguintes cuestións: que é máis amplo a orientación ou o asesoramento? Que é máis incluínte?... Para realizar esta actividade, prestóusenos uns minutos de debate en pequenos grupos, onde un lado da clase debería argumentar a favor de que a orientación é un concepto máis amplo e o outro lado, argumentar a favor do asesoramento.

No meu caso, debido a que formaba parte de argumentar a favor do asesoramento, baixo a miña opinión tiñámolo máis sinxelo, pois tal e como víramos na sesión deste día, o asesoramento engloba moitas accións entre as que se atopan a de “orientar”.

En conclusión de todo este debate, recóllese de seguido as diferentes ideas surxidas de xeito grupal:

Que é máis amplo, a orientación ou o  asesoramento? Que é máis incluinte?

  • O grupo que defendía que “o asesoramento é máis amplo que a orientación”, recolleu as seguintes ideas:
  • asesoramento é unha actividade que se atopa en todos os ámbitos da vida: familiar, educativo, político, económico, etc. A orientación está máis presente e é máis propia do ámbito educativo.
  • Ademais, entre as accións propias do asesoramento, xunto con moitas outras (como “axudar”, “apoiar”, etc.), atópase a de “orientar”, é dicir, asesorar implica orientar.
  • Asesorar é moito máis completo porque abarca moitos campos diferentes (política, etc.), en cambio a labor do orientador é más limitada, soamente no campo da orientación.
  • No asesoramento aparte de que te asesoran, orientan hacia a resolución de problemas. Sen embargo o orientador, se limita máis a “orientar hacia algo”, hacia un camiño, hacia un sentido. Asesorar en cambio, é dar consello ou dictame. (extraído da páxina web da Real Academia Española).
  • Empézase en asesoramento e remátase en orientación.
  • Servizo indirecto que trata indirectamente cos profesionais (Rodríguez Romero).
  • A orientación é nun momento puntual, momento concreto, sempre encamiñado hacia un enfoque por exemplo laboral (no caso da orientación profesional).
  • O asesor orienta e o orientador debe asesorar. Son dúas prácticas incluíntes unha na outra.
  • Cando ó orientador lle xorde un problema ou cuestión, vai buscar axuda a un asesor, o cal será peza clave nese proceso de orientación.

 

  • O grupo que defendeu que “a orientación é máis ampla que o asesoramento” recolleu as seguintes ideas:
  • É máis ampla ca orientación porque engloba máis accións (diagnóstico, intervención, etc.). Para debater ese aspecto, recollido na definición de Fernández, a función do asesoramento pode definirse como unha acción do diagnostico.
  • Na propia normativa, un dos aspectos que se recolle é a orientación.
  • Para dar lugar a esta acción, estamos formándonos nesta carreira de psicopedagoxía, para ser orientadores, pero para a de asesor como tal, cal é a formación?
  • Utilización errónea dos termos, acostumados a utilizar “orientar”. Sen embargo noutros campos, utilízase maiormente “asesorar”.
  • O problema radica en que non coñecemos onde comeza a orientación e onde acaba. Ocorre o mesmo co asesoramento. Quizás sexa porque se complementen o se inclúen.
  • Pensando nas funciones que desempeña un orientador e as dun asesor, o orientador ten unha función principal que é “detectar as necesidades dun alumno”, levando un proceso a cabo, facendo un estudo máis completo da necesidade ou o obxectivo. O asesoramento é máis concreto.
  • No caso da orientación profesional, non solo se enfoca á busca de traballo, sen embargo enfócase de maneira máis ampla.
  • Na orientación para a vida, non hai unha continuidade, aplícase a unha situación e momento puntual.
  • A orientación é máis directa e está orientada hacia un alumno, profesor, etc. (Rodríguez Romero).
  • Un orientador está máis inmerso no campo no que traballa. No caso do orientador interno, sería máis propiciado debido a que está no contexto.
  • O asesoramento tamén é unha función que realiza o orientador. Entonces, depende moito dos contextos nos que se empregue.

 

En conclusión, chegouse á idea de que asesoramento e orientación se complementan, sendo máis grande o concepto de asesoramento, aínda que se empreguen en moitas ocasións de maneira incorrecta.