A sociedade do coñecemento. Novos desafíos

 

Did you Know?, é un resumo de todo o que estamos a vivir, desta sociedade que estamos a construír e que evoluciona rapidamente. Pero que implicacións ten isto para a educación?

Que dúbida cabe que as implicacións son inmensas, xa non só no aumento de novas tecnoloxías nas aulas, senón na necesidade de incorporar novas metodoloxías as nosas aulas. Esta necesidade débese aos cambios experimentados no  alumnado, propiciados polo momento que estamos a vivir.

Benvidos á Sociedade do coñecemento!

A tenor do presente vídeo, considero relevante centrarme nas necesidades que presente o alumnado neste momento. En primeiro lugar, atopámonos ante un alumnado cunhas necesidades educativas moi destacadas, tendo en conta que o profesorado actual, en moitos casos non dá resposta aos cambios que se están a producir. Neste sentido a motivación é un eixe fundamental para o desenvolvemento deste alumnado, un alumnado con maior autonomía, que accede a multitude de información con só facer un click, que posúe distintos instrumentos tecnolóxicos que lle facilitan o seu desenvolvemento, e que sen dúbida son o motor do cambio que se está a producir na sociedade.

No tocante a isto, o profesorado necesita reinventarse,  dando resposta aos interrogantes que se formulan neste momento, mellorando as súas metodoloxías, incidindo na autonomía dos alumnos e sobre todo motivándoos para que constrúan o seu aprendizaxe.

Neste sentido e facendo referencia a un capítulo concreto do libro Enseñar en la sociedad del conocimiento. Reflexiones desde el pupitre no cal se desenvolven 21 accións que deben ter en conta os docentes para adecuar a escola á sociedade que nos toca vivir.

1.Creatividade

Neste sentido, os docentes teñen un papel vital no cal empregar a súa creatividade para desenvolver os contidos tendo en conta os recursos existentes neste momento. Así mesmo deben potenciar a creatividade do alumnado, fomentando actividades nas que deban exercitar esta cualidade, intrínseca a todos nós.

2.Implicación

Implicación entendida como achegamento ao alumnado, facendoo partícipe do traballo na aula, non mero receptor, así como, por parte do docente implicarse no traballo dos seus alumnos acercándose as súas dificultades e aportando a profesionalidade e coñecementos que estes teñen. É por tanto, un implicación dende os dous eidos.

3.Atención á diversidade

Non só con respecto a aqueles alumnos con necesidades específicas, senón que tendo en conta outras diversidades. É dicir, aquel alumnado con dificultades na clase, que dá problemas, que molesta os compañeiros, así como aquel alumnado que ten moi bos resultados académicos, tentar equilibrar a balanza ante uns e outros.

4.Sensibilidade

Neste sentido, non debemos chegar ao estremo de que os problemas dos alumnos terminen afectando aos docentes, pero si implica un maior achegamento e entendemento mutuo, que facilite un camiño de axuda e de consello para os alumnos.

5.Avaliación

Como eixe central deberíamos ter en conta un tipo de avaliación continua, que non se castigara e que tivera presente, así mesmo unha avaliación aos docentes, non só aos alumnos.

6.Expresión oral

Neste sentido, deberíamos incidir na importancia de que o docente non sexa o que teña o papel preponderante á hora de dar unha clase, senón que inicie a participación nos seus alumnos, e que incida nela.

7.Colaboración

Colaboración entre o profesorado, analizar as problemáticas xuntos e apoiarnos naqueles docentes que temos máis próximos son os puntos clave para a escola que buscamos.

8.Cooperación

Máis alá da mera colaboración é implicarnos activamente na consecución dos obxectivos que buscamos.

9.Profesionalidade

Xa que os docentes traballan cos futuros profesionais das sociedades futuras, cómpre sinalar a vital importancia que ten dar exemplo e ser responsables ante a tarefa que deben realizar.

10.Multilingüismo

Necesidade de romper barreiras lingüísticas, os docentes deben ter unha boa formación en idiomas.

11.Ilusión

Vivir a túa profesión de forma activa, contaxiando a túa situación aos teus alumnos. Se os alumnos ben que che gusta o que realizas, tes vocación, eles estarán moito máis motivados.

12.Multidisciplinariedade

Neste sentido é vital remarcar que as materias non teñen porque estar estancadas nun horario, senón que distintos temas se poden dar conxuntamente. Cambiando por tanto o modelo educativo seguido por a maioría dos docentes.

13.Aprendizaxe baseado en problemas

Esta metodoloxía o que potencia e a utilización de situacións reais para ampliar os coñecementos dos alumnos así como implicalos de xeito máis notable na tarefa. Neste punto, xoga por tanto, un importante papel a creatividade dos docentes.

14.Empatía

Aínda que é un aspecto obvio, é necesario remarcar a idea e a necesidade de que os docentes se poñan na pel dos seus alumnos.

15.Respeto e recoñecemento

Neste punto, debemos incidir na necesidade de respetar aos alumnos para que deste xeito estes te podan respetar a ti.

16.Metodoloxías

Abordar novas metodoloxías que teñan en conta a sociedade e o momento que estamos a a vivir.

17.Vocación

Que os alumnos vexan que os docentes disfrutan co seu traballo é unha das principais claves para a motivación destes. Sendo esta característica unha condición indispensable para os docentes.

18.Intelixencias múltiples

Ampliar os contidos, os aprendizaxes, dando cabida a potenciar todas as aprendizaxes posible no alumnado.

19.Titoría

Neste sentido o que se busca é o papel dun docente cercano aos alumnos, que sirva de mediador entre o centro e o alumnado, axudando na medida do posible aos seus alumnos.

20.Formación permanente

Este punto é un dos eixes fundamentais para entender a función docente neste momento. Vivimos nunha sociedade de cambios constantes sendo vital, por tanto, a actualización dos profesionais da educación para dar resposta as necesidades que este momento formula.

21.Redes sociais

Entendidas como un instrumento a través do cal mellorar a actividade docente. Neste sentido a presente materia é un claro exemplo do que estamos a falar.

Ter en conta todos estes puntos posibilita e mellora a acción docente así como acerca a escola ás necesidades educativas da sociedade actual. Creedes que existe algún punto máis que deba engadirse? Entendedes que estes puntos son un bo resumo de todos aqueles aspectos necesarios na educación da sociedade do coñecemento?

 

Bibliografía

Marín, J., Barlam, R. e Oliveres, C. (2011). Enseñar en la sociedad del conocimiento: Reflexiones desde el pupitre. Barcelona: cuadernos de educación