Paradoxas e a necesidade dun cambio de paradigma

 

A palabra paradoxa provén do latín paradoxus e do grego παράδοξος e refírese a unha idea estrana oposta ao que se considera verdadeiro ou á opinión xeral. No tocante a educación atopamos diversas paradoxas. Paradoxas sobre as que fala Andy Hargreaves pero tamén outros moitos líderes da educación como Ken Robinson e Pasi Sahlberg. A continuación elaboro un texto baseándome nas súas aportacións e que penso que é necesario coñecer, xa que estamos vivindo unha época interesante na que as paradoxas sobre o paradigma educativo están espertando reaccións na sociedade, as que os políticos contradín totalmente coas súas accións e lexislacións o modelo educativo que necesitamos.

 

1. “Cambiar” os sistemas educativos repetindo modelos antigos

Todo o mundo sabe de educación e está interesado en ter sistemas educativos que axuden aos rapaces e rapazas a ter un lugar na economía do futuro, unha educación acorde ao ritmo ao que xira o globo terráqueo hoxe en día, que teña en conta esas interconexións pero que ao mesmo tempo tamén teña en conta a comunidade e a cultura na que está inserta, cómo facemos iso?

O problema é que a maioría dos gobernos están tratando de enfrontar o futuro a base de facer o que xa se fixo no pasado, e agora mesmo iso non funciona. O sistema educativo actual foi deseñado e estruturado na Ilustración, unha cultura intelectual, na que o que se valoraba era a capacidade académica. 


paradigma educativo post-industrial


2. Saberes piramidais versus Creatividade

Por qué non se ensina coa mesma importancia a música ca as matemáticas? Por qué non hai máis materias que esperten o intelecto dos nosos alumnos? Acaso non é importante a creatividade?

O certo, e que parece que as materias está colocadas de maneira piramidal, de modo que a unhas se lles da máis importancia que outras, porque “son as que che servirán nun futuro para traballar”, pero resulta que isto agora vai cambiar, porque na economía do futuro, necesitaremos creatividade. Non se pode ter creatividade senón educamos en e na creatividade.

Un compoñente esencial da creatividade é o pensamento diverxente que é a capacidade de ver diversas respostas a unha pregunta. Ken Robinson elaborou un test para avaliar isto, no que por exemplo lles preguntaba aos nenos cántos usos lle poderían dar a un clip. O clip non tiña porque ser o clip que todos temos en mente, podería ser un clip xigante, un clip feito con materiais que poidan flotar, etc. Resultou que os que obtiveron mellores resultados no pensamento diverxente foron os nenos e nenas do xardín de infancia. Eses mesmos nenos volveron a ser avaliados cinco anos máis tarde e os resultados foron completamente distintos, dado que o sistema educativo polo que pasaron non tiña enn conta a creatividade nin o pensamento diverxente. Logo, cómo educar en e no pensamento diverxente?


divergent thinking.jpg

3. Sistemas educativos anacrónicos

Esta falla de creatividade non só a temos nas materias, senón nas escolas, que seguen sendo estruturadas como fábricas con sereas, divididos por aulas, ensinando materias de maneira estanca, agrupando aos nenos por idades... Falta de creatividade por parte de moitas das políticas educativas que se levan a cabo, pero tamén na función docente, que segue máis ou menos reproducindo o que xa se fixo. Por qué? Medo a arriscar por algo diferente? 

A economía agora mesmo e no futuro, será unha economía baseada en servizos, ideas e comunicación, onde o realmente importante será a capacidade de xerar coñecemento.

Cómo facer isto se os sistemas educativos seguen preparando aos alumnos para unha economía industrial? Cómo xerar coñecemento se non se inviste en proxectos de investigación? De ónde deben vir eses cambios? Cómo haberá que preparar ao profesorado? Cómo e qué será importante que ensinemos aos alumnos?

4. Global Educational Reform Movement

Esta idea é unha proposta de Pasi Sahlberg. Pasi Sahlberg  empezou a súa andaina como profesor, logo como pedagogo e finalmente como asesor de políticas educativas en Finlandia nos anos 90. Actualmente é o director do Centro Internacional de Mobilidade e Cooperación (CIMO) en Finlandia e os seus traballos están centrados nas políticas educativas internacionais, o cambio na educación e a ensinanza nas aulas arredor do mundo.

Global Educational Reform Movement ben sendo un movemento global de reformas na educación. Para entendelo mellor temos que dispor a idea en catro liñas:

 

Global

Educational

Reform

Movement

 

As catro primeiras letras de cada palabra forman a a palabra GERM cuxo signifiado é xerme. Pasi Sahlberg quere que este movemento de reforma sexa como un virus que se vaia contaxiando polos ministros e políticos do mundo. Un cambio que teña en conta as seguintes condicións:

  

Competición

Comunidade

Académico

Holístico

Estandarización

Personalización

Elección

Equidade

Resultados

Responsabilidade

 

  • A educación ten que deixar de ser un sistema competitivo para centrarse na comunidade, en aprender da e na comunidade, o que inclúe o traballo en equipo, porque está demostrado que se obteñen mellores e diversos aprendizaxes cando traballamos con outras persoas. Aquí tamén deberíamos falar das escolas abertas á comunidade, que teñen en conta o seu contexto, inflúen nel e aprenden del.  Tamén sería preciso mecionar que a comunidade virtual como contexto educativo. Neste punto é inconcebible que os alumnos teñan que aprender con e de outros, se os profesores non o fan, polo tanto a condición de traballar e aprender en equipo exténdese aos docentes.
  • Unha educación que se deixe de centrar no académico para dar paso a unha aprendizaxe holística, onde se teñan máis cousas en conta como as artes, os deportes, o saber vivir cos iguais, onde as materias non sexan compartimentos estancos, etc.
  • Un sistema educativo no que a estandarización deixe paso a personalización. Porque non todos somos iguais e non podemos ser medidos cos mesmos estándares. Ben sabemos que existen múltiples intelixencias, e que cada neno aprende mellor dunha determinada maneira. E aquí, entra o tema do currículo e a súa flexibilización, o que suporía a entrada da elaboración de plans individualizados de aprendizaxe para cada alumno.
  • Un sistema educativo no que os profesores non se vexan obrigados a cumprir obxetivos dun currículo, senón que se vexan responsabilizados da aprendizaxe do alumno dacordo coas súas necesidades.  
  • Un sistema educativo no que os pais e nais non teñen que andar procurando por unha mellor escola, senón que non hai posible elección porque todas as escolas e profesionais que traballan nelas son igualmente bos e imos ter a seguridade de que os rapaces e rapazas que alí acoden van ter a mesma calidade de educación que en calquera outro centro educativo.

 

WEBGRAFÍA

http://es.wikipedia.org/wiki/Paradoja [consultada o 12/10/2013]

[consultada o 15/10/2013]

[consultada o 20/10/2013]

 

BIBLIOGRAFÍA

Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. España: Editorial Octaedro.