Marea verde, marea de grises

(Esta tarefa foi realizada conxuntamente por Kely Torres Velo e Silvia Serén Sampedro)

 

1) RECONSTRUCIÓN DA HISTORIA

        Nunha das pasadas clases interactivas de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado fíxosenos entrega dunha interesante noticia do día 4 de Outubro publicada no periódico El País titulada: Los profesores baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga.

        A partires desta noticia, a profesora plantexounos que ampliásemos a información e investigásemos en profundidade sobre ela para poder chegar a comprender a verdadeira orixe do conflito. O exercicio tamén se completaría mellor interesándonos pola visión do profesorado, é dicir, polas diferentes miradas que hai sobre a profesión docente no que respecta a este problema. Xa por último, realizaríase unha reconstrución persoal da historia con todos os datos recollidos, referíndose a como contaríamos nós este problema. A continuación trataremos todos estes aspectos encomendados pero seguindo outra organización, ademais elaboramos un esquema con todas as ideas que nos xurdiron sobre este conflito, que utilizaremos de eixe central para realizar esta actividade.

        Tratando de contextualizar este conflito, comezamos buscando as súas orixes. O día 19 de Abril de 2013 o Govern das Illas Baleares aproba un Decreto-Lei 15/2013 (o cal analizaremos máis polo miúdo no seguinte apartado) chamado Tratamento Integrado das Linguas (TIL) que principalmente destaca por implantar o trilingüisimo catalán-castelán-lingua estranxeira (inglés) nos colexios e institutos. Como ben se recolle no documento oficial do Govern de les Illes Balears:

      "Este Decreto tiene como objetivo que los alumnos de las Illes Balears adquieran el dominio de las dos lenguas oficiales y las competencias adecuadas en la lengua extranjera del proyecto educativo de centro, preferentemente en la lengua inglesa"

        Polo tanto, como se pode ver no fragmento recollido, para o Govern das Illas Baleares é de primordial importancia o citado trilingüismo. Porén, ante a protesta de varios sindicatos que non estaban dacordo co calendario establecido para a súa posta en marcha, o Tribunal Superior de Xustiza de Baleares rexeitou a implantación do Decreto.

         Segundo fontes do periódico El País do día 8 de Outubro de 2013, aproximadamente dúas horas despois desta negativa, o Govern optou por realizar un Decreto-Lei no que o Tribunal Superior de Xustiza non puidese intervir. Esta decisión é inapelable e foi tomada polo Govern encabezado polo presidente das Illas Baleares e político do Partido Popular, José Ramón Bauzá.               

"El Gobierno gestó el ‘nuevo TIL’ y lo llevó al Boletín Oficial balear, dos horas después de que el Tribunal Superior de Justicia de Baleares tumbara el calendario de aplicación del anterior decreto, a petición de los sindicatos. [Los jueces no pueden anular leyes]. El PP burló así el veto del tribunal y para ello implantó otro decreto ley, inapelable. Esta decisión fue una de las mechas en las que prendió la marea que movió a 100.000 personas el 29 de setiembre en las cuatro islas de Baleares"                                                                                            

        A implantación tan apresurada e sen consenso deste Decreto-Lei, causou unha gran sorpresa e posterior revolución e fixo que se producisen varias mobilizacións superando as 100.000 persoas. Manifestáronse os diferentes sectores implicados: profesorado, pais e nais, alumnado, sindicatos, etc. xa que cada un cos seus motivos se alzou a favor ou en contra desta medida. As principais razóns que alegan son:

                        Marea verde

  • Profesorado: Falta de formación en inglés da maior parte deste colectivo, ós cales se lle esixe como mínimo un nivel B.2 para poder dar clase. Moitos deles afirman que non están capacitados para levar a cabo esta medida, xa que eles poden saber algo de inglés pero non se ven competentes á hora de impartir clases de matemáticas por exemplo, enteiramente neste idioma. Ademais, moitos ven perigar o seu posto de traballo e temen ser remprazados por profesores que si saiban inglés ou incluso profesorado nativo.
  • Alumnado: Para os rapaces e rapazas, estudar certas materias na súa lingua xa lles resulta dificultoso de por si, pois moito máis difícil lles resultará ter que recibir clase e estudar en inglés. Co cal a posibilidade de que teñan peor rendemento incrementarase exponencialmente.
  • Pais e Nais: Uns opinan que é unha “cruzada” en contra do catalán polo que están totalmente en contra de que se reduzan as horas, ou ben están preocupados polos seus fillos porque pensan que dar materias en inglés, que xa de por si son complicadas, lles pode prexudicar moito ós rapaces. Outros están a favor do que se propón na lei, sempre e cando se faga dunha maneira gradual e pedagóxica e non como se  está a facer. E outros están totalmente a favor dunha educación trilingüe porque como ben afirman: "Somos mallorquines, somos españoles y somos europeos" e polo tanto ven con bos ollos que os seus fillos, reciban clases tamén en inglés.
  • Sindicatos. Algúns dos sindicatos como: STEI, CCOO, ANPE e FETE-UGT forman parte do Consello Escolar das Illas Balears que participaron na elaboración da proposta do decreto que despois serviu de base para formular o decreto-lei. Este malestar pode ser debido a que por un lado, sobre o papel establecíanse aspectos como o tema da implantación gradual ou e contar con todos os axentes educativos, e isto viuse incumprido por parte do Govern, co cal algúns dos citados sindicatos tamén se sumaron á protesta.

        Entón, a simple vista este “decretazo” poderíase entender que foi a orixe do conflito, pero nada máis lonxe. En tal caso sería o detonante ou “a gota que colma o vaso” xa que os antecedentes desta situación son variados e moi a ter en conta:

  • O 20 de Abril aparece un Real Decreto-Lei 14/2012 de Racionalización do Gasto Público. Este documento establece un conxunto de medidas urxentes adoptadas polo Goberno para a racionalización do gasto público no ámbito educativo. Entre estas medidas destacan: o aumento da ratio alumnos/profesor, diminución dos salarios, aumento dos despidos, falta de substitutos, aumento de horas lectivas, etc. (trataranse de maneira máis extensa no apartado tres).
  • A implantación do TIL tamén acaba coa inmersión lingüística establecida no Decreto de Mínimos cun 50% para o catalán e un 50% en castelán. Sobre este aspecto, achegamos unha noticia do 18/10/2012 de La Vanguardia cuxo título non deixa lugar a dúbidas "El Govern balear eliminará la inmersión lingüística por decreto". A idea que se resalta é que o Goberno de Bauzá ten intención de derrogar o decreto de mínimos que obriga ós centros a impartir, como mínimo un 50% das clases en catalán, e xa se deixa claro que o obxectivo era implantar o modelo trilingüe no cal o catalán, castelán e inglés estarían presentes a partes iguais.
  • Hai un gran descontento por parte de profesorado, ANPAS, sindicatos, etc. xa que non se contou con eles á hora de realizar o decreto. Isto entra en total contradición co que establece no propio documento (Artigo 4, Principio 5).

       "Participación y colaboración de todos los agentes educativos en las decisiones que afecten al sistema educativo, con la finalidad de contribuir a la consecución de los objetivos, de acuerdo con lo que establece la normativa básica estatal y mediante los órganos de participación que prevé la normativa vigente"

        Entón todo isto vai xerando un descontento en todos os axentes implicados que finalmente vai desenbocar nunha folga que vai a ter múltiples apoios e da que se fará eco o resto do estado español, solidarizándose coa causa outras comunidades (como Andalucía).

                                                             imagesCA5OHO2J.jpg

Porén, esta folga tamén ten o seu apartado de consecuencias, nós destacamos as seguintes:

  • Directores de centros: Unha das medidas tomadas polo Govern ante a negación dalgúns centros a adaptar os proxectos lingüísticos ás esixencias do TIL vai ser castigar e suspender de emprego e soldo ós directores. De feito, estas medidas xa foron levadas a cabo xa que ó manifestarse en contra deste decreto, varios directores de centros de Mahón (Menorca) foron cesados do seu cargo e establecéuselles unha sanción económica.
  • Profesorado: durante todo o tempo que durou a folga, este colectivo viuse sancionado economicamente perdendo uns 100€/día. Pais e profesores incluso chegaron a un acordo no que se alternaban e un día ían os nenos a clase e os profesores non e noutro á inversa, desta maneira non se daría clase igual pero eles non perdían tanto diñeiro. Ante isto tamén se creou a chamada caixa de resistencia na cal todo aquel que quixese colaborar puidese aportar algo a favor da causa e apoialos ante este desconto que se aplicará ós seus salarios .
  • Alumnado: perderon case tres semanas de curso e isto supón un retraso na programación establecida, co risco de que non chegue o tempo e queden contidos que ó final de curso non se dean. Ademais, durante o tempo que durou  folga, os cativos que acudían á escola comentaban que se aburrían moito, que non facían nada, e que non querían volver. Esta situación, en ningún caso é boa para os rapaces sobre todo os máis pequenos que non saben de que vai a folga e son tratados así no colexio.

       Unha nai afirmaba: "llegaba a casa llorando por pasar muchas horas en el patio al sol, o ante el aburrimiento que les ha supuesto estar en las aulas con los brazos cruzados"

       Tamén recollemos unha noticia publicada no diario El Mundo na que da a entender que hai certa manipulación do profesorado ós rapaces que non pensen o mesmo ca eles.

      "El profesor de catalán les ordenó que redactaran una opinión sobre estos dos polémicos temas para "saber cómo escribíamos", relata una estudiante de 4º. En el reverso de la página debían poner el nombre y apellidos del alumno, su dirección postal y contestar a la pregunta de con quién vivían en el domicilio familiar. El docente, que escribió las preguntas en la pizarra, solicitó también los nombres y apellidos de los padres, edades y sus números de teléfono, tanto móviles como fijos"

      "No nos dijo para qué quería esa información, sólo explicó que era para conocernos mejor", indica la alumna, que teme que el centro pueda usar esta información para elaborar «listas negras de estudiantes que no piensen como ellos»

  • Pais/nais: este colectivo implicouse de cheo nas manifestacións porque a meirande parte deles non vían con bos ollos que os seus fillos deran materias en inglés porque pensaban que o seu rendemento sería peor. Nembargantes, co paso do tempo, comezáronse a preocupar ante tantos días de clase perdidos e, ó non conseguir nada, os ánimos fóronse mermando.

       Unha nai en contra da folga di: “Estoy molesta, en contra de la huelga. Mis dos hijos de cuatro y cinco años están despistados” 

      Ademais, Ana María Aguiló unha diputada do PP balear, advirtíulle ós pais a través da rede social Twitter que aqueles que non levase ós seus fillos á escola que corrían o risco de que lles fose retirada a tutela dos mesmos.

 

                              tuit-ana-aguilo--647x231.jpg

  • Políticos: as decisións que toman tamén teñen consecuencias negativas para eles. Neste caso, a súa imaxe e credibilidade pódese quedar moi prexudicada.

       Queremos comentar que en contra da marea verde apareceron os chamados camisas brancas que se consideran apolíticos e rexeitan a folga de profesores que impediu o comezo normal das clases. Este colectivo apoia a José Ramón Bauzá e están a favor da introdución do inglés nas clases. Ademais non queren que os nenos sexan utilizados ou manipulados nesta contenda.

                                        

  

2)  BREVE ANÁLISE DO DECRETO TIL

       Debido a que foi o detonante da folga consideramos necesario realizar unha análise dos aspectos máis relevantes que trata, e como ben xa fomos comentando anteriormente, o Decreto veuse creando durante o ano 2012, pero non será ata o 19 de Abril do 2013 cando sexa aprobado, entrando en vigor o día 20 (o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial das Illas Baleares, BOIB).

       A poucas semanas de comezar o curso foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares por mor dun desacordo no calendario de aplicación, co cal o Govern viuse na obriga de convertelo en Decreto-Lei para que fose inapelable. Polo tanto ata o día 16 de Setembro non está previsto o seu establecemento, cando os colexios comezaron sobre o 13 de Setembro. Este retraso permitiulle ao profesorado, alumnado e familias de ter uns días para organizarse e plantexar a realización dunha folga. As clases suspendéronse uns 15 días e foi sobre o 7 de Outubro cando se suspende a folga e os profesores e alumnos volven ás clases.

       Foi o Govern das Illas Baleares quen optou por establecer o Trilingüismo a partes iguais de castelán-catalán-inglés. Isto ten un motivo en concreto:

"Uno de los objetivos que se ha marcado la Unión Europea para el año 2020 es mejorar las competencias lingüísticas en lengua extranjera. Esto se concreta en las Conclusiones del Consejo de la Unión Europea de 12 de mayo de 2009 sobre un marco estratégico para la cooperación europea en el ámbito de la educación y la formación («ET 2020»). Esta organización recomienda a los estados miembros impulsar acciones que posibiliten a los ciudadanos comunicarse al menos en dos lenguas, además de la lengua materna.Por ello, es necesario fomentar la enseñanza de lenguas en todos los niveles educativos, con el fin de alcanzar un nivel de competencia lingüística y comunicativa en diversas lenguas que facilite el desarrollo personal, el aprendizaje, el ejercicio de la profesión, la movilidad, el uso de las tecnologías de la información y de la comunicación, en definitiva, que capacite a los ciudadanos para tener éxito en un mundo global.

      Queda claro que o Govern pretende adaptarse ás recomendacións da Unión Europea cuxo obxectivo é mellorar as competencias lingüísticas nunha lingua estranxeira para o 2020.

      De entre as medidas que establece o Decreto-Lei destacamos as seguintes:

  • Educación Infantil: estes alumnos recibirán ensinanzas nas dúas linguas oficiais e será no segundo ciclo de educación infantil cando se inicien na língua estranxeira. Tratarase de introducir de maneira progresiva traballando sobre todo a comprensión oral.
  • Educación Primaria: Os alumnos deste nivel recibirán ensinanza nas dúas linguas oficiais e tamén na lingua estranxeira establecida. No primeiro ciclo traballarase fundamentalmente a expresión e comprensión oral e posteriormente, e de forma gradual, iniciaranse na comprensión e expresión escritas. As materias propostas para realizar en lingua estranxeira son as correspondentes ás áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Educación Secundaria Obrigatoria: estes alumnos recibirán clase en cada unha das linguas oficiais e na lingua estranxeira, durante o primeiro, segundo e terceiro curso, como mínimo unha das materias como matemáticas, ciencias da natureza e ciencias sociais. Mentres que no cuarto curso ten carácter optativo (sendo esta unha das poucas  concesións do Govern). Serán os centros quenes determinen as materias que se darán en lingua estranxeira.
  • Bacharelato: cursarán nas linguas oficiais e na lingua estranxeira, en cada un dos cursos, unha ou máis materias non lingüísticas en cada unha da modalidade de Bacharelato.

       A metodoloxía que se vai empregar para dar clases en lingua estranxeira é a denominada AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas) que se caracteriza por ser unha ensinanza centrada no alumno, flexible e facilitadora que emprega diferentes estratexias como por exemplo: a repetición, xesticulación, emprego de gráficos e diagramas para organizar as ideas, traballo en parellas ou grupos, etc.

     O Decreto-Lei do Tratamento Integrado das Linguas, está redactado dunha maneira que a simple vista, da a impresión de que realmente pode chegar a funcionar ben, que ten en conta todos os aspectos que debe tratar, xustifica a súa implantación argumentando que quere estar ó nivel dos países europeos, e busca solucións ante posibles críticas que poida ter. Por exemplo, moitos se cuestionou a formación do profesorado na lingua estranxeira, pois no decreto, en concreto na Disposición adicional única (dos profesores), e co obxectivo de non recibir posteriores críticas sobre esa cuestión establece solucións como:

“La Consejería de Educación, Cultura y Universidades impulsará programas de formación en lenguas extranjeras y en metodología para la enseñanza en lenguas extranjeras, procurando programas que faciliten el acceso a la formación de los docentes y la conciliación de la vida laboral y familiar.”

      Porén, como xa case todos sabemos, este tipo de mensaxes quedan moi ben escritos sobre o papel, pero na realidade é moi difícil que se chegue a cumprir  e menos na situación de crise económica na que nos atopamos. Realmente seralles máis fácil contratar novo profesorado que saiba inglés que realizar programas de formación para os que teñan que aprendelo.

 

3) A RAÍZ REAL DO CONFLITO: Real Decreto-ley 14/2012 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo.

       Este Real Decreto foi aprobado co obxectivo de facer fronte a nosa débeda estatal e a nivel europeo, “racionalizando” para elo, os gastos dirixidos á educación, argumentando que estas medidas suporán de maneira definitiva a mellora da eficiencia do sistema educativo. A continuación expoñemos unha serie de puntos que pretenden aclarar o contido desta lei:

  • O obxectivo é introducir mecanismos de flexibilidade na lexislación educativa para que as Comunidades Autónomas “racionalicen” o seu gasto educativo e este sexa máis eficaz.
  • Estas medidas, son unha condición previa necesaria para levar a cabo a reforma educativa.
  • Modifiación das ratios da LOE (25 en Primaria e 30 en Secundaria) incrementándoa un 10%, aclarando que isto non afectará á calidade na educación porque a ratio alumnos/profesor de España é unha das segundas máis baixas segundo a UE e a OCDE, comparando para elo, outros países con máis ratio e con mellor rendemento ca nós como: Alemania, Francia e Reino Unido.
  • Aumentan as horas lectivas dos docentes. Establecendo un mínimo de 25 horas lectivas en Educación Infantil e Primaria, e 20 horas no resto das ensinanzas.
  • Modificación do criterio de nomeamento de substitutos, determinando que as baixas inferiores a dez días lectivos deberán ser atendidas por recursos propios do centro.
  • Eliminan a obrigatoriedade de ofertar, polo menos dúas modalidades de Bacharelato nos termos previstos na LOE.
        Para completar este apartado adxuntamos un vídeo do programa La Sexta noche, nun debate que mantiveron  Miguel Ángel Rodríguez e Pablo Iglesias sobre a reforma educativa impulsada por José Ignacio Wert:
 

 

4) REFLEXIÓN SOBRE A TAREFA E O CONFLITO ANALIZADO

       Pensamos que a tarefa realizada foi moi enriquecedora xa que nos axudou a ampliar a nosa mirada e a non andar pola superficie das cousas, senón afondar nelas e descubrir o que realmente se atopa detrás.

     Nun principio, cando comezamos a actividade na aula, despois de ler varios artigos de xornais a sensación que tiñamos era de confusión, dadas as diversas opinións e perspectivas. Isto amosounos, como xa sabíamos, que non abonda con ler un xornal ou ler un determinado canal de televisión, é necesario contrastar esa información e ter en conta todas as perspectivas para ver onde reside o foco do conflito. Así é todo, tampouco nos foi suficiente con analizar as perspectivas, tamén tivemos que ler o decreto TIL, que nun principio parecía a raíz do problema. Nembargantes, resultou que a maneira na que estaba articulado non tiña porque dar razón á folga, ademais os propios sindicatos do Consello Escolar, elaboraran un informe positivo sobre o decreto. Entón, analizando o pasado recente e coñecendo a situación actual dos profesores, decatámonos de que todo isto tiña algo que ver coas políticas educativas que está a levar a cabo o Partido Popular, e por elo mesmo, consultamos o Real Decreto-ley 14/2012 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo.

      Aínda que ao principio e durante a realización da tarefa nos deu a sensación de estar envoltas nunha espiral de diferentes opinións e obxectivos, a verdade e que nos gustou facela porque puidemos reflexionar sobre unha realidade que aparecía pintada con diversas cores. A continuación narramos as nosas reflexións sobre o conflito.

      A marea verde en Balears é unha marea de grises, porque na súa participación directa ou indirectamente hai moitos puntos de vista con diferentes obxectivos. Así pois, atopamos aos sindicatos, aos políticos, as familias, aos alumnos, aos medios de comunicación e o resto da sociedade. Aínda que nun primeiro momento nos parece que o conflito ten lugar polo decreto TIL, dadas as diferentes opinións sobre a súa implantación, isto tan só era a punta do iceberg. O conflito vénse xestando dende fai tempo coas “racionalizacións” na educación, a promesa dun mellor sistema educativo mediante a vía dos recortes no mesmo, afectando aos docentes, as familias e aos alumnos. Un conflito paradóxico porque os políticos fan fincapé na importancia da educación e pretenden mellorar o sistema educativo mediante os recortes no mesmo e sen ter en conta aos seus propios axentes, deixándoos de lado e sen dar oportunidade a dialogar e poder chegar a un consenso. A folga da marea verde, é unha representación de todos os membros da sociedade, con diferentes perspectivas e ideoloxías, pero con algo en común, que é a defensa ao acceso gratuíto e de calidade de todos e todas a un ensino público.

 

                                                  imagesCA6FTA24.jpg

 

5. MAPA CONCEPTUAL DO CONFLITO

       Durante a realización desta tarefa, fomos elaborando en mapa conceptual para ver todas as perspectivas e entender mellor o conflito. Desgraciadamente, non podemos inserir aquí o arquivo dado o seu peso e polas características do programa. Pero fixemos un link para que poidades ter acceso a él mediante outro sitio web. Creemos que é indispensable a súa visita para que entendades a metodoloxía de traballo que empregamos, así como a visión que nós temos do conflito. Grazas!

http://www.xmind.net/m/hmNd/

 

6. WEBGRAFÍA

  • [recuperada o 17/10/2013]

  • [recuperada o 14/10/2013]

  • [recuperada o 17/10/2013]

Comentarios

  • Jesus Segura Rodriguez

    " indica la alumna, que teme que el centro pueda usar esta información para elaborar «listas negras de estudiantes que no piensen como ellos"


    Vaya, ¿serán conscientes de que el centro ya dispone de una ficha con su información y no hace falta que un profesor (curiosamente de catalán) les mande escribir nada?

    A qué clase manipulación política ha caído El Mundo??