• Blogs
  • Kely Torres Velo
  • Casualidades e causalidades: ano da estadística, LOMCE e resultados PISA en camiño

Casualidades e causalidades: ano da estadística, LOMCE e resultados PISA en camiño

Entre as idas e voltas de clases expositivas-interactivas e entradas no blogstellae, creo que cada vez atráeme máis a forza da gravidade da espiral dos coñecementos da que nos falaba a profesora Lourdes. É un remuíño de perspectivas, que nos fan reflexionar sobre a dificultade que acarrea chegar ao miolo dun asunto; cando a maioría das veces non nos paramos a pensar e adxudicamos xuízos e opinións de maneira pouco racional e consciente.

Este aspecto, vémolo perfectamente nos medios de comunicación, nos cales se xeneralizan aspectos da realidade e poucas veces ou case nunca teñen en conta opinións de expertos ao respecto. Vémolo nos programas de televisión nos que hai “debates”  e esas mesmas persoas argumentan durante diferentes días e programas aspectos que non teñen nada que ver, e que sen embargo defenden o seu “saber” profundamente. Velaí o por qué de que Edmund Burke alá polo século XVIII dixo aquilo de que o xornalismo era o cuarto poder, xa que non só amosa a opinión da sociedade, senón que pode influír nesa opinión da sociedade, e isto é algo moi perigoso que pode a modo de lobotomía, facernos máis "dóciles".

Isto desconcértame e faime poñer en dúbida que é o que entenden por ética profesional. Cada día que pasa dáme a sensación de que a unha gran  maioría da xente que traballa en sectores moi influíntes na sociedade, tal e como os xornalistas, os políticos, os economistas... desvalorizan a ética profesional ou a tiran directamente ao lixo en prol dun funcionamento sistemático ao son dos datos e/ou dunha ideoloxía en concreto que non ten en conta a pluralidade de voces que existen.

Están seguros de que así se construye un país más plural?

Este ano celébrase o ano da estadística, a cal nos aporta datos que podemos interpretar dunha maneira ou doutra para descubrir e entender determinados aspectos da nosa realidade. Aquí tamén se ve involucrada a ética e que deberían ter os profesionais, tanto os que elaboran as estadísticas como os que as analizan.

Un exemplo de estadísticas en educación son os informes PISA, que cada ano son noticia nos telediarios da televisión, dos xornais, da radio.... Os resultados son sempre os mesmos, segundo os medios e as estadísticas son malos dacordo coa media da OCDE, pero... non deberíamos estudar máis a fondo a realidade do noso país dacordo co contexto socio-económico de cada Comunidade Autónoma? Por qué hai logo determinadas Comunidades Autónomas que en determinados saberes superan a media da OCDE? É válido centrarnos en resultados e deixar de lado os procesos?

PISA céntrase en tres saberes moi concretos que deixan de lado moitas outras materias que son importantes para defender a democracia tales como: a Ética, a Educación para a Cidadanía e a Filosofía. Por qué se desvaloran estos saberes? Acaso a velocidade da globalización nos levou a deixar atrás a filosofía e con elo o importante que é esta materia para acadar a democracia? Os datos son importantes, pero tamén o é, que as persoas sexan críticas e responsables.

Por sorte, cando eu estudiei Educación Secundaria Obrigatoria tiven a fermosa oportunidade de estudar Ética, e no Bacharelato Filosofía. Foron as materias que máis me marcaron ao longo da miña vida escolar. Gustábanme porque me facían pensar, cousa que no resto das materias non facía. E que a caso non é importante buscarlle o por qué de cousas tan fundamentais como a política, a eduación, a relixión...?

Nembargantes na LOMCE móstrase un rexeitamento ou un desprecio hacia estas disciplinas, que creo que está bastante influenciado polos informes internacionais da educación e pola ideoloxía dun determinado partido político. Por qué senón lle da tanta importancia ás avaliacións externas e a determinados saberes?

Pienso luego estorbo

A pasada semana trala análise da LOE-LOMCE, quedoume a sensación amarga de que esta manifesta que non hai nada máis que inventar ou investigar en eduación, e que a solución está na avaliación. Vamos que o único que importa é a eficacia,  dado que atopamos frases como “rendir contas” que son máis apropiadas nun contexto económico. E a pregunta que se me plantexa a min, que son unha persoa con nula experiencia en estadística, e se é fácil medir a eficacia e a eficiencia dun sistema educativo?, cando os resultados da educación non se ven a curto prazo, senón a longo prazo. Logo, a estadística pode controlar os efectos que exerce un contexto determinado sobre un alumno e cómo repercute isto na súa educación?

Penso que ter en conta os datos está ben, pero non está ben interpretalos de maneira reduccionista sen ter en conta a nosa evolución ata o de agora, e que os cambios en educación requiren tempo de maduración, cousa que en España non nos gusta moito, pensamos que por mudar de lei os problemas están solucionados, oxalá fose tan doado.

En España contamos con sobrada experiencia nas avaliacións externas, pois xa houbo reválidas e probas finais de acreditación. No Libro Blanco de 1969, suprimíanse dúas reválidas que había tras os bacharelatos elemental e superior, isto foi así porque no curso de 1965-66 a metade dos alumnos non superaba a reválida do Bacharelato Elemental (cursábase entre os 10 e os 14 anos), e un 43% fracasaba na do Bacharelato Superior. Estas reválidas eran un lastre para a calidade no sistema educativo, e así é que Gimeno Sacristán afirma que a súa supresión supuxo a democratización da educación e a mellora xeral do nivel educativo.

Así pois, a LOMCE significa volver dar un paso atrás en todo aquilo que se mellorara ate o de agora. Dando a impresión como non, con tanta avaliación de que os profesores non son competentes na súa tarefa, e poñéndo por enésima vez a función docente a rás do chan e pisoteando os seu status social, por se non chegara xa coa imaxe que ten a sociedade dos profesores.

Este proxecto lei é a guinda de todas as crises que hoxe en día estamos vivindo, porque o que nos está demostrando, e que uns poucos están dicidindo sobre o futuro de moitos sen ter en conta aos implicados e saltándose o termo “democracia”, moi valorado no papel e pouco levado a práctica, e que aínda se levará menos a práctica se aproban esta lei, porque na LOE, a lo menos dábaselle importancia a Filosofía e a Ética, e coa LOMCE, estas materias veranse reducidas en horas ata un 75% no sistema educativo, por qué? Non é evidente que o que nos falta nos tempos que corren é o “sentidiño”?

Deixo dous vídeos para acompañar os meus argumentos, un feito pola Rede Española de Filosofía debido o ataque que a LOMCE fai a esta disciplina e outro é unha parte das noticias da Sexta do día 23 de Maio na que  Federico Mayor Zaragoza (exministro de educación) chama a obxeción de conciencia ante esta nova lei. Espero que vos guste e que vos fixera pensar, ata a próxima! 



http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/nacional/mayor-zaragoza-lomce-sale-adelante-tengo-objecion-conciencia_2013052300059.html

 

Webgrafía