ACTA CLASE 04/11/2013

A sesión de hoxe, 4 de novembro, está vinculada coa sesión de do luns 21 de outubro no cal se realizou a Técnica do Acuario. Hai que ter en conta que houbo un parón entre ámbalas sesións xa que o luns 28 de outubro non houbo clase debido a motivos persoais da profesora. 

Ademais, eu non puiden acudir a sesión da Técnica do Acuario debido a que esguincei un xeonllo xusto antes de ir a clase e tiven que ir ao médico. Pero entre o que me comentaron os meus compañeiros e as conclusións extraídas sobre esta técnica no día de hoxe, puiden entrever como se levou a cabo. 

Nembargante, houbéseme encantado poder acudir a sesión xa que o texto tiñao lido en profundidade e farei unha conclusión sobre este texto noutra entrada posterior.

 

ACTA CLASE 04/11/2013